O pabellón cambadés de Santo Tome albergou con éxito unha nova edición do Campionato Galego de categoría absoluta na que tivo unha actuación destacada o equipo anfitrión, en especial o seu mozo xogador Fernando Padín,
que sumou tres das cinco medallas que conseguiu o Cambados TM.
que sumou tres das cinco medallas que conseguiu o Cambados TM.
Padín fíxose co título en dobres formando parella co seu compañeiro de club, o hispano chileno Jorge Gambra. E impuxéronse na final a outra parella cambadesa (Adrián Vidal-Ñajo Padín) nunha demostración de claro dominio nesta modalidade logrando ouro e prata.
En individuais Padín chegou á final e conseguiu a prata, perdendo na final co xogador catalán do Arteal Pere Navarro, pero tras un fenomenal campionato superando claramente aos seus rivais e derrotando en semifinais a Jacobo Enseñat.
E o bronce obtívoo á beira dos seus compañeiros do Cambados TM Kazeem Ahmed e Jorge Gambra. En semifinais tocoulles medirse ao Arteal de Superdivisión e perderon 3-1. O outro equipo cambadés obtivo un meritorio noveno posto.
A quinta medalla cambadesa, a terceira de prata, foi conseguida por Adrián Vidal no dobres mixto facendo parella coa xogadora do Narón Belén Sañudo. A outra parella con cambadeses formada por Paula Padín e Ñajo Padín conseguiu chegar a cuartos de final.
Precisamente Paula Padín competiu tamén no dobres feminino formando coa coruñesa Laura Fernández e alcanzaron as semifinais, pero perderon coa parella favorita do Arteal e logo non puideron facerse co bronce tendo que conformarse cunha meritoria cuarta posición.



Ningún comentario:
Publicar un comentario