23 de maio de 2013

LUIS ARAGUNDE SEGUE COA FEA COSTUME DE NON INVITAR A OPOSICIÓN OS ACTOS INSTITUCIONAIS

Seguindo unha actitude egoista, o noso alcalde segue coa fea costume de non invitar os actos institucionais os portavoces da oposición organizados polo concello e menos
os organizados pola deputación e xunta no noso pobo.
Por enésima vez o portavoz do  BNG Víctor Caamaño Rivas,  ven de presentar un escrito no Concello de Cambados  no que di que segundo información aparecida nos medios de comunicación, o pasado día 16 de maio tivo lugar un acto institucional no edificio de Exposalnés. Que segundo os xornais, en dito acto procedeuse á inauguración dun busto de Ramón Cabanillas que presidirá a sala a onde se trasladará parte do legado do autor propiedade da familia. Semella que ao acto acudiron familiares do escritor, o alcalde de Cambados e o escultor da obra, entre outras persoas. 
Como queira que aos actos protocolarios e institucionais das diferentes Administracións deberían estar convidados os representantes da corporación de todos os grupos políticos con representación, non se entende porque nun acto destas características e importancia, non se convidou a ningún representante da oposición, o que resulta bastante significativo do escaso espírito democrático do actual goberno municipal, polo que ven a solicitar que cando se realicen en Cambados, actos institucionais por parte de calquera Administración Pública, o concello curse os oportunos convites aos representantes políticos dos grupos da oposicións para estar presentes nelas, como debe ocorrer en calquera organismo minimamente democrático.
Esa fea costume do Concello ven sendo seguida por case todas as comisións de festas que reciben cartos de todos os cambadeses, e que no pensen os nosos paisanos que o BNG de Cambados non queira asistir os actos e que o goberno do PP non invita a ningún.

Ningún comentario: