23 de maio de 2013

RADIOACTIVE TOY EN CONCERTO

O 8 DE XUÑO NO RIF. DO GRUPO FORMA PARTE O CAMBADÉS DAVID FALCON
Xa temos data para o próximo concerto no Rif-Rock!!. Radioactive Toy formáronse no 2012, e son o cambadés David Falcón (guitarras e voz), Alberto Lamas (baixo) e Jesús Caramés (batería). Podedes seguilos no seu blog:http://radtoy.wordpress.com/ e tamén no facebook.
Mentres están pendientes de pechar máis datas, no Rif-Rock poderedes velos o Sábado 8 de Xuño, dende as 23:30h.
Radioactive Toy é  un grupo formado en Santiago de Compostela que xorde da inconformidade fronte aos paradigmas musicais que se presentan ante os nosos oídos día tras día. Polo tanto propuxeronse darlle un novo xiro a esta engranaxe tan complexa chamado música, intentando unificar todas as influencias que cada un deles van ir absorbendo ao longo das suas vidas nun SON propio. 
Non se porán  barreiras ante ningún estilo musical, e sobre un lenzo de rock queren empezar a crear unha obra coa que se sintan  identificados e orgullosos, con pinceladas dunha miríada de estilos, tantos como as suas cabezas sexan capaces de gestionar. 
Invitánnos a que nos subamos con eles neste barco que está a piques de partir e os acompañemos nesta viaxe de autodescubrimiento, que cun pouco de sorte podeos levar aos portos que desexan.


Ningún comentario: