27 de maio de 2013

LUPE VÁZQUEZ MISER REABRE O MITICO BAR PIÑEIRO DE CAMBADOS

A semana pasada tivo lugar un acontecemento en Cambados que para algúns de nos, ia dicir que ten unha importancia vital,  pero si que ten moita importancia, e non é nada maís nin nada menos que a reapertura do mítico Bar Piñeiro de Cambados, sito na rúa Isabel II por parte da guapísima Lupez Vazquez Miser e do seu
home Suso Pombo, clientes eles habituales doutro mítico bar, Silva que o pechar o verán pasado deixou orfos a moitos de nós dun lugar de reunión onde nos xuntabamos unha serie de pandillas de diversa índole. 
Agora xa volvemos a ter aberto un noco “local social” onde botar unhas parrafadas, tomar un viño ou botar unha partida de escoba. Parabéns a Lupe pola feliz idea e de corazón esperamos que lle vaia moi ben.

Ningún comentario: