A ÚLTIMA FOI NA ENTREGA DO PREMIO RAMÓN CABANILLAS O XOVES PASADO.
O académico de Triana, Francisco Fernández Rei, cada vez que hai un acto en Cambados na memoria de Ramón Cabanillas non se cansa de realizar as tres peticións que ven facendo dende o Ano Cabanillas 2009 as autoridades cambadesas quen sempre lle din que si e logo non o fan.
A derradeira ocasión que tivo de facelo foi o pasado xoves na premio Ramón Cabanillas que as Librarías Contos e Cabanillas lle entregaron a Alonso Montero, Paco foi o encarga de glosar a vida do premiado e aproveitou a presenza do Tenente Alcalde de Cambados ToñitoPombo, para facer por enésima as tres peticións famosas:

1.- Sinalización na praza de Fefiñans, onde paran miles de turistas da Casa Museo Ramón Cabanillas, onde naceu o noso egrexio escritor.
2º.- Un roteiro cambadés onde nos vaia indicando os lugares mais importantes da vida de Cabanillas e que son múltiples. O erudito Manolo Nuñez, profesor xubilado, segundo Fernandez Rei, é un especialista do tema e ten un traballo moi adiantado sobre o mesmo, que dicimos nos que non tería problema en poñer a disposición do Concello.
3º.- Por último Paco tamén pediu que se colocara unhas placas tanto na casa onde viviu o escritor, na Rúa Real como onde morreu na Rúa Hospital do paso de Cabanillas polas mesmas. A casa onde naceu xa ten placa.
A partida orzamentaria para facer isto creemos que non avultada, sobre cando se gastan nun semestre no concello en “comedelas” mais de 6.000 euros.
Aproveitamos a nova para ofrecervos un resumo da gala do premio Ramón Cabanillas feito pola páxina amiga "Vivir en Cambados".
Aproveitamos a nova para ofrecervos un resumo da gala do premio Ramón Cabanillas feito pola páxina amiga "Vivir en Cambados".

Ningún comentario:
Publicar un comentario