LUÍS ARAGUNDE DEBÍA TOMAR NOTA DUN ACORDO DA XUNTA DE FRAGA DO ANO 2005 QUE MANDABA REPOÑER AS ESCALEIRAS ANTIGAS EN VEZ POÑERLLE ESTATUAS O DICTADOR.
“””Na monumental praza de Fefiñáns —que os vellos de antes chamaban O Eirado e que dos nosos país aprendemos a chamar praza do Mercado ou O Mercado—, que ata o séc. XVIII estaba aberta ó mar na cara oeste, o visitador compostelán viu a ermida-hospital de San Bieito, que posteriormente se reformaría para dar lugar á actual igrexa dedicada ó mesmo santo, con catro arcos de medio punto na bóveda principal, que presenta a orixinalidade de estar feíta de pedriñas, algunhas pequerrechiñas. As dúas torres barrocas da fachada principal teñen cadansúa escaleiriña de caracol que dalgún xeito lembran a impresionante escaleira de San Domingos de Bonaval. A igrexa de San Bieito (popularmente San Benito por castelanización, pero os apelidos son os galegos Viehes ou Viéitez) está construida a unha altura maior có resto dos edificios da praza, polo que hai que subir ó adro por diversas escaleiras de pedra. A escalinata orixinaria do muro principal do adro, o que da á praza, foí totalmente reformada nos pasados anos 70, a pesar das protestas. O Parlamento galego aprobou no 2005 que se restaure a escalinata coa estética orixinal, pero falta o orzamento necesario.”””
Este fenomenal texto foi recollido do libro de Francisco Fernández Rei “A Memoria de Cambados”, nel entre outras fermosas cousas dinos que o Parlamento galego aprobou no 2005 que se restaure a escalinata coa estética orixinal, pero falta o orzamento necesario.
Rexentando o BNG a Consellería de Vivenda na época do bipartito tiñan feito xa un proxecto moi ambicioso e pioneiro en Galicia no que se implicaban as consellerías de Vivenda, Innovación e Industria e Cultura para tentar converter a praza de Fefiñáns nun espazo peonil aberto para a convivencia e o gozo das persoas de Cambados e dos turistas que nos visitan. Incluía un convenio cos propietarios do Pazo para a súa rehabilitación a cambio de adicar algúns espazos para oficina turística, aula de rehabilitación e zonas de visita. Tamén se pretendia restaurar a escaleira central de acceso á igrexa de Fefiñáns, tampouco se levou a cabo por falta de orzamento.
O 28 de xaneiro de 2010 a desaparecida asociación Unha Grande Chea no seu blog volvía a poñer de actualidade esta eterna reivindicación dos cidadáns cambadeses.
Con esta espectacular montaxe realizada pola páxina de facebook “MONTADICTOS MONTA CAMBADOS” volve a poñer de actualidade esta vella reivindicación, a que este blog súmase totalmente.
Por certo está páxina fai unhas montaxes preciosas, aquí vos deixo unhas cantas, aparte da escalinata:







Ningún comentario:
Publicar un comentario