17 de maio de 2013

O CAMBADÉS DARIO CASAIS PERCORRE AS AUGAS GALEGAS E ESPAÑOLAS EMBARCADO NO BUQUE OCEANOGRAFICO ANGELES ALVARIÑO

EN CANTABRIA DEPARTIU CO EXPRESIDENTE CANTABRO MIGUEL ANGEL REVILLA
O 12 de febreiro pasado embarcaba o noso amiogo , trianero de pro, Dario Casais no buque oceabográfico Angeles Albariño  un buque feito no asteleiro Armón Vigo botado 25 de febreiro de 2012, propiedade do Instituto Español de Oceanografía (IEO), no que se investiron 20 millóns de euros. 
A embarcación, de 46 metros de eslora e 10,5 de manga, ten a súa base de operacións en Vigo. O novo oceanográfico, de similares características ao Ramón Margalef, está dotado cun laboratorio de alta mar, con equipamientos ultrasilenciosos e sistemas para o estudo dos fondos mariños. A base e o mantemento é Vigo “do mesmo xeito que o resto de grandes oceanográficos do IEO” aínda que a nave está matriculada en Málaga. Na súa construción e equipamiento investíronse 20 millóns de euros, procedentes do propio IEO e fondos Feder. 
Saindo de Vigo  o primeiro porto de destino foi  Aguias,Murcia . O 19 Febreiro logo de Aguias  colleron rumbo a  Barcelona ata onde Dario fixo algo de turismo. En Barcelona estiveron amarrados no mesmo centro, diante do Mare Magnum .Os cataláns déixaronlle a Dario un bo recordo, o tempo que estivo alí o Barsa non lle gaña ao Madrid, e Dario gozaba como bo madridista que é. O 8 Marzo deixa Barcelona rumbo a Cádiz, despois de estar nesta cidade unha temporadiña , o 7 Abril saen para  Tenerife rumbo As Palmas.  Recolleron mostras das pedras volcánicas da última erupción do Ferro. En Tenerife coincide con outro Trianero encantador, unha das mellores persoas que te podes votar a cara Paco Pomares “Parriolo”. Se vades a Los Cristianos-Tenerife, ali tedes un amigo, un guia, un irmán.  
O 28 Abril Dario   volta para Cádiz, e o 29  saida  para Gijon e ata o 30 de maio  estivo polo Cantábrico.  O  8 maio  estvo Pasaia, unha dás entradas a porto mais bonitas dás que visitou Dario, e xa visitou unhas cantas.  En Cantabria estivo nin máis nin menos que con Miguel Angel Revilla, con quen departiu uns instres. Logo unhas merecidas vacacións para Dario.


Ningún comentario: