16 de maio de 2013

O “TOCAHUEVOS” DO ALCALDE DE CAMBADOS CRITICA A UNHA MARISCADORA POR DEFENDER “O PAN DOS SEUS FILLOS”

LUIS ARAGUNDE ARREMETE CONTRA A MARISCADORA MARIA XOSÉ CACABELOS POLA SÚA CONDICIÓN DE CONCELLEIRA DO BNG
Que temos a un impresentable como alcalde é un feito máis que constatado na nosa vila.
 Cómo se pode criticar a unha mariscadora por defender o “pan dos seus fillos”. Cómo se pode criticar a unha mariscadora por defender que os bancos de marisqueo estean saneados? Parece mentira que Luis Aragunde sexa de Cambados e non coñeza o que é o traballo dunha mariscadora.  As mariscadoras son mulleres abnegadas que moitos dias do ano teñen que levantarse as cinco ou  seis de mañan para ir traballar, son mulleres que teñen que baixar os riles durante catro horas sen parar , haixa frio, vento, choiva ou sol, son mulleres que merecen un monumento non críticas, son mulleres que fan un traballo moi duro, mentras o noso alcalde chega as 10 ou 11 da mañan a traballar, cando vai, para estar literalmente “tocandose os huevos” en comparación o traballo que fai Maria Xosé e as súas compañeiras.
Gañan m,áis as concelleiras do PP sen facer nada que unha
mariscadora fodendo os riles todo mes.
Dícia o “tocahuevos” do noso alcalde onte a prensa que o feito de que unha dos concelleiros do BNG, María Xosé Cacabelos, sexa directiva da agrupación de traballadoras ten que ver  para que emprendan  accións no Parlamento de Galicia para propiciar un clima de crispación presionando ás mariscadoras para que se mobilicen.  Como se pode dicir isto dunha muller que empapada de auga e frio nos dias de inverno gaña uns  30 euros o dia fai as labores da súa casa , coida a un familiar enfermo, e directiva de Guimatur, ten tempo para ser concelleira do BNG,  cando as “señoritangas das concelleiras do PP gañan moito mais que unha mariscadora por simplemente rascarse a “concha” nas comisións de goberno. Ten respeto mamalón. Manifestacións coma a do noso alcalde son as que realmente crean crispación.
Montaxe de!Montaadictos Cambados, do que quere facer o
noso Alcalde no Saco.
Luis, que oe campás e non sabe onde, volveu insistir en que cando o BNG gobernou na Xunta co PSOE, na época do bipartito, “tiveron catro anos para facelo e non moveron un dedo”. É máis, asegura que nin fixeron xestións, nin destinaron nin un euro ao banco “nin para salvargadar vos postos de traballo dás mariscadoras que tanto din defender”.  Pero serás ignorante Luis, non sabes que mentres gobernaba o bipartito o Saco era zona B, ou sexa zona de extración, que presicamente foi declarada zona C no 2010 canto os teus impresentables compañeiros do PP levaban case un ano gobernando na Xunta.
Levades prometendo tres anos que ides sanear o Saco, cando carallo ides empezar?. 
E paradóxico que un diario como Faro de Vigo saque hoxe a contestación de Luis na súa edición dixital sen ter a dignidade de sacar antes a rolda de prensa  sobre o Saco feita por Montse Prado e Victor Caamaño.

1 comentario:

MANUEL dixo...

LUISIÑO noso, estás a anos luz de María José en todo, e tés que saber que as persoas mobilízanse cando están hasta as techumbres de oir payasadas de "Virxen María prometo", estades tomando a xente por estúpida e non tes outra saída que criticar a outro equipo de goberno de fai anos...se a culpa vai a ser de Franco (non creo que tuveras collóns de decilo se fora certo) de seguir para atrás no tempo, SÉ RESPONSABEL, tí e os que como tí están na procura de gobernar Cambados, a dignidade, a verdade e a honra non se mercan,a dan de balde.