16 de maio de 2013

XUNTANZA A CATRO BANDAS NO PARADOR: LOUZÁN, TOURÍS, ARAGUNDE E PELEA.

O TEMA: REXEITE OU ADHESIÓN Ó PELEA.
Fai uns días houbo unha xuntanza no Parador de Cambados na que participaron Louzán, Tourís, Aragunde e Pelea, evidentemente puideron tratarse  varios temas, dende tomar un café como  “bos” amigos que son , falar do saco de Fefiñans, falar de como a confraría paga pola arranxo feito pola deputación 2000 euros o mes mentres a cultural non lle custa un peso, falar da enorme débeda da confraría,ou tamén puideron falar do sexo dos anxos. 
Pero as "malas" linguas inclínanse por outros dous temas vitais, a saber: 
A) Reprobación e solicitude de dimisión a Benito Gonzalez por esas loitas estériles contra o sector crítico da confraría, xa que está empezando a salpicar tamén o PP como se siga tirando da manta. Lembremos que Benito está como imputado nunha querela presentada pola Fiscalía de Santiago, da que ten difícil saída e outra querela presentada polo Fiscal de Pontevedra por cobro de subvención ilegal no xulgados de Cambados onde tivo que prestar unha fianza de 60.000 € para garantir futuras responsabilidades(po certo disto xa falaremos noutra ocasión porque  o parecer esta fianza vai ir como avalista a Confraría). 
A isto hai que engadir dúas querelas máis previstas polos críticos nas vindeiras datas. Se sae indemne de todas elas seria unha milagre. De feito xa non é nin a primeira nin a segunda vez que se reúne en privado con Louzán para ver si este “lle bota unha man” nos xulgados. De feito e publico é notorio que a “troika” (Louzán, Tourís e Aragunde) incluso buscaron unha persoa, concretamente de Corvillón para substituílo na Confraría, pero esta díxolle que non. Tamén lle puideron dicir que non se presente as vindeiras eleccións da confraría, que por certo a Xunta, de xeito vergoñento,  están aprazando “sine die”.
B) Tamén puido ser que se reuniran con él para amosarlle a súa adhesión o personaxe en cuestión, pechando filas con el , como fan a nivel nacional cos seus corruptos, sempre por principio, negar a maior. Pero este é o caso mais improbable, pois como diciamos Benito teno moi cru, e como xa o “utilizaron” e xa lle sacaron  o “xugo” que lle teñan que quitar, igual lle dan unha patada no cu.
Vos porque opción vos inclinades?

Ningún comentario: