8 de maio de 2013

PARABÉNS O CLUB NATACIÓN SALNÉS

ASCENDEU A SEGUNDA DIVISIÓN 
O Club Natación Salnés de Cambados
conseguiu na Copa de clubs celebrada en Xoves o seu ascenso a Segunda División Autonómica. Os nadadores do club cambadés lograron terminar subcampeones con 658 puntos, por detrás do CN Xove (666). 
De entre os resultados individuais, cabo destacar a actuación de Mirian Trigo, que logrou cinco primeiros postos (50,100, 200 bolboreta, e 100 e 200 estilos), un segundo posto en 400 libres, e catro terceiros (400 estilos, 100 braza e 100 e 200 costas). O seu irmán Carlos Trigo fíxose con tres triunfos (200 bolboreta, 100 braza e 200 braza), logrou un segundo posto en 200 estilos e tres terceiros (50, 100 bolboreta e 50 braza). 
David García impúxose nos 50 metros costas, proba na que o seu compañeiro Luís Domínguez foi segundo. Sergio Costa sumou para o Club Natación Salnés un segundo posto en 50 braza e catro terceiros (100, 200 braza e 100 estilos e 1500 libres). Nanín Santillán pechou os podios para os arousanos cun segundo posto en 50 metros braza. 
Ademais de todos estes resultados individuais, o CN Salnés finalizou terceiro na proba de substitucións 4x200 libres feminino e masculino, repetindo posto nos 4x100 estilos masculino, e logrando a segunda posición nos 4x100 estilos feminino. Tamara Parracho, Noemi Rei, Andrea Torres, Manuel Cacabelos, Ero Bugallo, Miguel Neto e Cibrán Leal tamén sumaron importantes puntos para que o CN Salnés lograse o seu obxectivo de ascender.

Ningún comentario: