8 de maio de 2013

UN “TRIO” PERNICIOSO PARA CAMBADOS: LUIS ARAGUNDE, BENITO GONZALEZ E ISABEL PEREZ

OS TRES DERONLLE AS MARISCADORAS “POLO SACO” DE  FEFIÑANS.
COMO SIGAN ESTES TRES NOS SESUS POSTOS O SEGUINTE EN PASAR A ZONA “C” VAI SER O SERRIDO.
O trio "Calavera"
No  DOG do 30 de abril a Consellería do Medio Rural e do Mar publica a “Orde do 24 de abril de 2013 pola que se declaran e modifican as zonas de produción de moluscos bivalvos”, é dicir, a Consellería informa sobre a nova clasificación dalgúns bancos marisqueiros e, entre eles, dunha parte do Saco de Fefiñáns que ata o de agora estaba cualificado como Zona B. Esta Orde fai referencia, concretamente, aos 15.629 m2 correspondentes á zona comprendida entre a canle de entrada, na dársena do porto de Tragove, e os canos do contorno do Saco de Fefiñáns; o que se coñece en Cambados coma “ a zona dos tubos”. Segundo a nova cualificación, este banco pasa a ser considerado Zona C ao igual ca, desde o 2010, o resto  do Saco de Fefiñáns. 
Primeiro foi o Saco Grande
PP É IGUAL A PROGANDA FRAUDULENTA
Ata aqui información fidedigna da Xunta do PP, respecto a isto o BNG de Cambados ven de publicar no seu blog que “semella que, con respecto á situación do saneamento dos bancos marisqueiros en Cambados, as cousas van empeorando co tempo e, aínda que o PP se adique a facer moita propaganda e promesas de  investimentos para saneamento, a realidade demostra que as cousas van noutra dirección. Moita propaganda pero ningún feito”.
Continuan dicindo os nacionalistas que “desde o ano 2010, data na que o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns, pasou a ser considerado zona C polo mal estado das augas que chegan ao lugar, semella que o goberno local e a Xunta nada fixeron para solucionar esta problemática. O paso do  tempo, ademais, vai confirmando que as cousas van a peor, sen que o PP faga nada para revertelas, pois recordemos que o saneamento é unha competencia municipal e no concello o que realmente consideran unha prioridade é a construción das comportas e non os postos de traballo do marisqueo. 
Agora o Saco Pequeno
PARA O PP O MAIS IMPRTANTE E GAÑAS ELECCIÓNS
De nada serve que o marisqueo a pé fora o único sector que creou postos de traballo en Cambados nos últimos anos de dura crise. E desde logo non foi grazas ás actuacións do PP en cuestión de saneamento, senón exclusivamente polo bo facer das mariscadoras. Un bo facer que se vai encontrar de fronte coa política electoralista do PP que segue pensando que o importante é gañar eleccións e non a mellora da calidade de vida dos cidadáns. 
Hoxe o PP segue na mesma liña de sempre e mentres o paro se dispara no Salnés e en Cambados, o único que lle preocupa é malgastar cartos públicos na construción dunhas comportas que poderían rematar con todo o banco marisqueiro. É unha pena que no seu panfleto electoral se esqueceran de prometer o saneamento integral do litoral cambadés. Agora, que se as cousas van a peor, o PP sempre encontrará a que botarlle a culpa porque eles nunca son responsables de nada. E teñen razón, porque realmente son uns irresponsables.”
Se seguimos confiando no “trio calavera Aragunde, González e Pérez”, o seguinte banco marisqueiro que van facer desaparecer vai ser o Serrido, pero iso vai ser cousa doutro artigo deste blog.
Maria Xosé sabe o terreo que pisa
A VICEPRESIDENTA MARIA XOSÉ CACABELOS XA PREDICIRA ESTA SITUACION.
Maria Xosé Cacabelos, vicepresidenta da Asociación de Mariscadoras e en minoria na directiva de Isabel Pérez (pro PP) xa predicira esta situación con bastante antelación, Isabel, facendo caso as tesis equivocadas do PP, tachouna de alarmista, pero resulta que tempo veulle a dar a razón a Maria Xosé.
“O único que pode facer a agrupación de mariscadoras de a pé ,como vén facendo ata agora na C, é recoller molusco e trasladalo a outras zonas para a súa depuración natural, aínda que entran en veda durante dous meses.”Así o explicou a vicepresidenta contraria as teses peperianas, María José Cacabelos, quen lamentaba a noticia polos prejuicios que conleva. 
Segundo Maria Xosé, traballar nesa zona, coñecida como a “dos tubos”, permitíalles dar un descanso ao banco de O Serrido durante o mes de maio. No entanto, agora predice unha “sobreexplotación” do mesmo, tratándose dunha agrupación con máis de 200 mulleres que precisan de lugares de faena. 
Xa vai sendo hora de que as mariscadoras de Cambados “espabilen” e lle fagan caso a Maria Xosé, se non queren quedar sen traballo a longo prazo.

¡¡¡NON É HORA DE MIRAR É HORA DE PROTESTAR!!!

Ningún comentario: