31 de maio de 2013

PRAIA OU FAME EN CAMBADOS?

Hoxé publicase un “curioso” artigo  na Voz de Galicia en Arousa que podedes ler premendo AQUÍ,  que ven asinado por unha gran periodista cambadesa Bea Costa.
Imos a deixar así o calificativo “curioso” sen mais comentarios,  deixando que os que leades este artigo lle poñades os que vos consideredes oportunos. O que si queremos facer é unha serie de consideracións o mesmo:
1º.- Onde di a nosa amiga Bea no seu artigo nunca houbo praia, xa que a que ela se refire foi feita nos anos 70 por obra e gracia dun constructor chamado Joaquin González Pazos “Fico”, que foi o que construeu os edificios do Pombal. Joaquin construeu un malecón e o pe do mesmo vertiu unha serie de camións  de area ate facer algo similar a unha praia que o propio mar foi diluindo, e non os recheos.
2º.- Como ben di Oscar Pardo Planas no seu facebook, dende EE.UU, ironicamente e referíndose a nova, “Isto é o que importa! Unha praia no Saco de Fefiñáns!...si, o que é zona C para marisqueo. Tranquil@s, será un éxito rotundo, como o caso tan sonado da praia fronte a estación de autobuses (no verán hai que chegar con tempo para coller sitio de tan solicitada que está)”.  Vos creedes que o importante é unha praia para Fefiñans ou que o Concello gaste todas as súas forzas en que o Saco volva a ser declarado zona B co seu saneamento?. Verdade que é moito mais importante que traballen 215 mariscadoras que catro rapaces se dean un chapuzón no vran cando estea a marea alta.
3º.- Para que serviu,  como di ben Oscar,  botar area na praia da estación ou en Santome , ben perdon, si que sirviu e  ven visto si teñen utlidade,  a primeira sirve para cagar os cans (perdoa a escatoloxía)  e a segunda para varar os barcos os de San Tome (vexase figura nº 1), porque bañistas, o que si di bañistas mais ben poucos e turistas menos ainda.
4º.- Nos non temos nada contra os deportes naúticos,  pero poñer esto como escusa para completar o poseo e poñer as comportas parecenos cando menos,  inutil.
5º.- Toda a prensa sabe, pero non sabemos porque razón o ignoran,  que o da praia sempre foi unha tolemia do PP cambadés, lembramolle a Bea Costa, ainda que ela seguro que  xa o sabe tamén ,  que no programa do PP do 2007 xa ia esta magna obra 8 (vexase figura nº 2)   entre as promesas de Touris, so que ia fora do Saco de Fefiñans, e se na fixeron antes que habia cartos a porrillo, queren facela agora, cando o resto dos mortais nos están recortando en sanidade, educación, soldos etc. 
6º.- Hai quen poida pensar que este artigo fixose para contrarrestar o boletín do BNG (figura nº 3)  sobre o Saco, e hai quen poido pensar tamén  que é “botarlle un cabo” a Luis Aragunde, dende logo esté blog pensa e quere pensar que foi feito coa única e sana intención de informar.
7º.- Este blog considera tamén,  como pensa o BNG e como prometeu o PP no seu programa electoral do 2011 (ver figura Nº 4) -o que pasa que os periodistas nunca llo lembrades- , que o primeiro antes que comportas, praias e farrapos de gaitas é sanear o Saco de Fefiñans para que as  nosas mariscadoras teñan onde traballar, porque ¡ollo! Ogallá me equivoque querida Bea, pero a min mais de un entendido na materia xa me dixo que a longo prazo o Serrido corre perigo coa Depuradora de Ribadumia, e si o Serrido está en perigo, Cambados está en perigo, e os que temos mariscadoras na familia, e dito con toda a admiración, respeto e cariño Bea,  novas coma tua  de hoxe “escocen” un pouco. 


Figura Nº 1


Figura nº 2

Figura nº 3


Figura Nº 4


Grazas Montaadictos Cambados pola súa montaxe.





1 comentario:

MANUEL dixo...

Alterar o ritmo da natureza a "collóns" o fan aqueles que dentro da súa ignorancia somente teñen ollos para a súa autocomplacencia, pasando por riba de quen sexa e utilizando os medios de comunicación o seu antoxo. Estase a ver como fixeron que o saco se convertira en zona C co seu abandono"postelectoral" e así cubrirse as costas do desastre ecolóxico que se vai acometer. DE PENA o comportamento dalguns membros da directiva das mariscadoras, e non falemos do "funsionario" patrón maior, deplorable comportamento que fará que cantidade de mulleres vexan como por estes "politiquillos" que nos desgobernan coas súas axendas de "prioridades" van ver o seus ingresos moi mermados.Coa que está a cair e estes "campeons" despilfarrando e recortando en futuro... non sei como ainda non se revolve a xente. PENA DE PAÍS.