1 de xuño de 2013

CAMBADOS DESCRIMINADO NA MARCHA CICLOTURISTA QUE ABRE A VOLTA O ESTADO ESPAÑOL

A MARCHA É ENTRE VILANOVA E LOBEIRA. HAI QUE PAGAR 20 € POR PARTICIPAR 
O cacique da Diputación, Rafael Louzán,  e vendo que como temos a un “lerdo” de alcalde e traga de todo, incluso leite, volve a descriminar a Cambados a prol do “Condado de Vilanova”. 
O facha maior do reino,  cacique supremo de Ribadumia e a deputada Begoña Estévez e o director de Unipublic, Javier Guillén, presentaron o evento “Etapa da Volta” consistente nunha marcha cicloturista previa ao comezo da Volta o Estado español, que durante unhas etapas invade Galicia,  cuxo obxectivo é abrir o evento a todos os amantes do ciclismo e, especialmente os fins de semana, percorren as estradas de parte do Salnés en bicicleta, pois  Cambados, vila clave saliniense por  excelencia, queda fora desta marcha. 
A marcha celebrarase o día anterior (23 de agosto) á saída da Volta e é aberta a todo o que queira participar, aínda que os que non dispoñan de licenza federativa deberán facerse unha por un día e explicaráselles o modo de facelo no momento da inscripción, a cal pódese realizar a través da web www.etapadelavuelta.com onde se atopará tamén toda a información do evento.  A inscripción ten un custo de 20 euros que todos participantes teñen que "apoquinar" antes de empezar a mesma.  Ou sexa que os cicloturistas pagan parte da atapa, por exemplo se hai 2000 participantes na marcha a 20 euros son 40.000 euros que su chupa Louzán non so día para a Volta, como vedes o negocio é redondo.
Un dos supostos atractivos da marcha é que discorrerá por parte do percorrido da primeira e a terceira etapas da Volta o Estado Español. A partir de Vilanova afrontarán 127 quilómetros de ruta pasando por Caleiro, Ponte Arnelas, Meis, Caldas de Reis, Moraña, Campo Lameiro, o Alto de Carballa Redonda, Cerdedo, A Estrada, Zamar e rumbo cara a Vilagarcía de Arousa para acabar no Alto de Lobeira, meta da terceira etapa da Volta e onde se celebrará a festa popular coa que concluirá a marcha. Como vedes Cambados, pese a estar a menos de 5 quilometros de Lobeira  foi excluida da marcha cicloturista e o ignoto do noso alcalde cala a boca.
Iso si,  para que non protestara o noso alcaldiño,  Louzán mandou que o spot que anuncia a volta a todo mundo mundial,  os cinco primeiros segundos dos 90 que dura o anuncio foran en Cambados, Luis con isto engordou catro quilos, ala vai a dieta o carallo.


Ningún comentario: