XUVENTUDES SOCIALISTAS CRITICA O PATROCINIO DO CONCELLO DE CAMBADOS E A DIPUTACIÓN Á FESTA «CUBATA A UN EURO»
![]() |
| Isma, presidente de Xuventudes Socialistas. |
Os socialistas critican o patrocinio do Concello de Cambados e a Diputación á festa «Cubata a un euro»
A formación pide explicacións «inmedidatas» ao alcalde e anuncia que levará o asunto ao próximo pleno.
Na parroquia de Castrelo (Cambados) celébrase o vindeiro sábado a festa «Cubata a un euro». Xuventudes Socialistas desvelou que o evento conta co patrocinio do Concello e da Diputación de Pontevedra e as críticas non se fixeron esperar. «Consideramos que non é de recibo que as administracións empreguen os cartos de todos non fomento do consumo de alcohol entre os mozos». Os socialistas piden explicacións «inmediatas» ao alcalde sobre este asunto e anuncian que o grupo municipal do PSOE elevará a cuestión ao próximo pleno.
"As Xuventudes Socialistas de Cambados e o PSdeG denunciamos que o Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra colaboren cun macrobotellón.
Os carteis que anuncian unha festa na parroquia cambadesa de Castrelo para o vindeiro sábado con nome ‘’Cubata a un euro’’ leva o patrocinio do Concello de Cambados e da Deputación de Pontevedra.
As XSG Cambados vimos de denunciar que as administracións públicas Concello de Cambados e Deputación de Pontevedra colaboren cunha festa que ofrece bebida alcohólica a baixo prezo.
Consideramos que non é de recibo que as administracións públicas empreguen os cartos de todos na contribución ao fomento do consumo de alcohol entre os máis mozos da nosa vila e arredores.
Dende esta organización xuvenil non chegamos a entender como estas administracións, coa actual situación económica que estamos a vivir, estean a colaborar con diñeiro público festas, e ademais festas que promoven o consumo de alcohol.
Dende o PSdeG-PSOE de Cambados apuntouse que Aragunde debe dar explicacións inmediatamente para explicar canto e de que maneira está financiando o Concello de Cambados esta festa e adianta que preguntarán por esta cuestión no vindeiro pleno.
Así mesmo, dende as Xuventudes Socialistas de Cambados queremos deixar claro que non estamos en contra da festa, senón que valoramos que se realicen actividades para a mocidade. A nosa crítica vai dirixida ao Concello de Cambados e Deputación de Pontevedra que están empregando o diñeiro de todos para financiar botellóns, mentres se recortan en tantas partidas como as becas, si imprescindibles para a mocidade, e non festas alcohólicas.".
Ainda foi moito pior o que pasau fai uns días nunha entidade cambadesa que se di "Cultural" organizando un botellón nas súas dependencias misturando alcohol e menores de idade, pero xa vos informaremos mais adiante.
Ainda foi moito pior o que pasau fai uns días nunha entidade cambadesa que se di "Cultural" organizando un botellón nas súas dependencias misturando alcohol e menores de idade, pero xa vos informaremos mais adiante.






Ningún comentario:
Publicar un comentario