22 de xuño de 2013

CAMBADOS VETERANOS CONTINUA UNHA TEMPADA MÁIS COMO MÍNIMO.

O BINOMIO GENARO-TON SALVA O CAMBADOS VETERANOS DA SÚA DESAPARICION
O outro día publicabamos neste mesmo blog “UN HISTÓRICO DO FUTBOL A PIQUES DE DESAPARECER . VETERANOS CAMBADOS NON ATOPA UNHA PERSOA QUE O DIRIXA.”
Ben,  este problema acaba de ser solucionado precisamente no día de hoxe. Dous veteranos de solera como son Genaro e Ton acaban de facerse por unha tempada coas rendas do club. Genaro Castro era o que ate de agora se dedicaba as tarefas económicas e administrativas e de tesoureira e incluso as tarefas deportivas do equipo,  pero el desde principio de tempada xa avisara que este era o derradeiro ano nas tarefas deportivas. Genaro dixonos que o equipo de futbol Veteranos Cambados podia desaparecer  senón aparecian candidatos  para levar a parte deportiva, é dicir, unha persoa  que faga de delegado adestrador, para presentar fichas, poñer o equipo e realizar os cambios, dado que da parte administrativa e tesoureria el propoñiase como candidato. De non ter candidato  para as taferas deportivas antes do 25 de xuño o equipo desapareceria. Ben este problema, como diciamos, ven de ser solucionado no día de hoxe pois Ton, será o que se encargará da parte deportiva do equipo. 
Como sabedes tanto Genaro como Ton foron duas figuras do futbol cambadés na súa época na que estiveron en activo. Genaro que como decimos en Cambados, ten unha idade, vaise dedicar definitvamente as tarefas administrativas, Ton vai ser o novo “mister-xogador”, do Cambados, o que piden ambolos dous e colaboración de parte da plantilla, e sobre do todo que se impliquen co equipo. ¡¡¡Aupa Veteranos!!!.
Parabéns os Veteranos Cambados e en especial a Ton e Genaro. 

Ningún comentario: