OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS SORPRENDIDOS DE QUE O PP LEVE A PLENO A DECLARACIÓN DA FESTA DO ALBARIÑO COMO FESTA DE INTERESE INTERNACIONAL, DESPOIS DE VOTAR EN CONTRA AS 2 VECES QUE O PRESENTOU O PSOE.
FÁTIMA ABAL MANIFESTA QUE “O PP AMOSA DE NOVO A SÚA INCONGRUENCIA E DEMOSTRAN, OUTRA VEZ,QUE QUEREN APROPIARSE DOS TEMAS DE TODOS”.
Os Socialistas de Cambados presentaron en Maio de 2010 unha Moción no Pleno para declarar á Festa do Alabariño de carácter Internacional. Moción que repetiron en agosto do 2012 convencidos da importancia e o interese que esta declaración tería para Cambados e para a exaltación do viño Albariño. Pois ben tanto no 2010 como no 2012, o PP votou en contra.
Fátima Abal, Portavoz Socialista, aclara que Aragunde utilizou os mesmos argumentos peregrinos evasivos de sempre, pero cunha única verdade: non queren que ningunha iniciativa positiva para o pobo e a súa economía, figure como aportación da calquera que non sexa o PP.
Os Socialistas anuncian xa dende agora que votaran en favor , por que según Fátima Abal, trátase dunha iniciativa que consideramos como propia, xa que posicionámonos antes, e solicitámolo antes que o grupo de goberno, tal e como pasara coa da Declaración do Ano Asorey , que tamén fora unha Moción socialista e noutros casos máis.
O PSOE de Cambados quere deixar en evidencia a dobre postura do PP e de Aragunde, de poñer por diante os intereses do Partido Popular en lugar dos intereses dos cambades@s e da súas economías, que podíamos levar disfrutando 2 anos dun recoñecemento, e dun incremento de recursos, que se pretende agora con dous anos de retraso, e todo tan só porque o presentara o PSOE antes ca eles.
info@socialistascambados.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario