22 de xuño de 2013

O VINDEIRO SABADO TODOS A XANTAR Ó PAZO DE TORRADO.

A BASE DO JUVENTUD CAMBADOS NECESITANOS.
Os responsables do fútbol base do Juventud de Cambados e o alcalde Luís Aragunde presentaron o I Festival de Música, Gastronomía, e Fútbol que terá lugar o vindeiro sábado 29 no parque de Torrado, en realidade isto foi idea no seu dia de Richar Charlin anterior presidente do Cambados , unha mente preclara ideando cousas para o club, o seu sobriño Edu Charlin e demais adestradores da base toman o relevo. Neste mesmo escenario déronse cita onte os organizadores e o rexidor para explicar os detalles dun evento co que se persegue recaudar fondos para a canteira do club de face á próxima tempada. 
A idea primordial parte de levar a cabo varios competicións de fútbol 4x4 en dous campos de fútbol indoor que se habilitarán no propio parque. Os protagoniztas serán os rapaces da canteira nas diferentes categorías de formación, e tamén os que desexen sumarse de idade xuvenil e sénior, nese caso cada equipo abonará 5 euros de inscripción. 
Pola mañá comezarán os partidos dos torneos de categorías base, desde chupetes (que xogarán a fútbol 3) ata cadetes. No propio parque e mercé á axuda logística de gran cantidade de persoas algunhas delas no anónimato, habilitarán zonas de bar, parrillas para asar e tamén un merendero. Os organizadores recoñecen que esperan que non só os pais das categorías base gocen da oferta gastronómica, senón que se sumen máis persoas a unha festa que continuará pola tarde e pola noite. 
Tralo xantar chegará a quenda da competición en categoría xuvenil -sénior. A disputa das finais de todas pecharaas o evento deportivo. A partir de entón seguirá o Festival, con actuacións musicais (grupos locais de folk – isto merece unha aparte- , o grupo de rock cambadés Stand By) e o final de festa xa de madrugada poñerano varios dj´s de Conexión Dance e Arousa Si Radio. 
ESCOLA DE VERÁN DE FÚTBOL 
Os responsables da base do club aproveitaron a presentación do Festival para anunciar a posta en marcha da Escola de Verán de Fútbol do Cambados, que será en xullo e agosto nas instalacións de Ou Pombal. Dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, ofrece fútbol e diferentes actividades de lecer organizadas polos monitores do club e o Concello. O custo é de 35 euros cota quincenal e 50 euros cota mensual (con descontos para irmáns) e inclúe material deportivo. Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 626 860 449, 686 338 787 e 627 932 336.
Por certo sen ánimo de polemizar, e menos neste tema no que estamos dacordo todos os cambadeses,  pero hoxe no periódico "La Coz de Galicia", podiamos ler "os responsables da canteira do club e o concello recuperan a idea dunha festa de fin de tempada para recadar fondos", en realidade a idea é só da canteira o concello deixa, como é o seu deber, un lugar público para facelo, nada mais, non lle deamos méritos a quen realmente ten deméritos.



Ningún comentario: