22 de xuño de 2013

O SÁBADO EN TORRADO, UN CARTEL DE LUXO

O FESTIVAL DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA CONTA CON SETE ACTUACIÓNS DIGNAS DE MÉRITO.
Esperemos que o sábado o Pazo de Torrado estea cheo de xente en beneficio da base do Club Juventud Cambados, os gaiteiros e pandereteiras tamén van arrimar o ombreiro e botar unha man o club, bueno mais que unha man, unhas pezas, a verdade que o cartel é de luxo e teremos sobre o escenario,  nada mais e nada menos que  sete grupos que faran as delicias de todos os presentes, ali estarán de xeito altruista grupos da valia das Pandereterias de Volandeira de Cambados, a Asociación Cultural Xironsa de Corvillón-(Cambados), Os Xeitosiños de Cambados, o Grupo de Gaitas de Volandeira, De Virason de Vilagarcia de Arousa, Os Carballeiras de Vilariño (Cambados) e o gaiteiro Xaquin Xesteira. Todos eles botarán seis pezas cada ún en dous pases. O festival de música tradicional será as 21 horas e rematará sobre as doce da noite aproximadamente.
Valo perder?. 

Ningún comentario: