17 de xuño de 2013

GRAN FESTIVAL FOLCLÓRICO-DEPORTIVO-GASTRONÓMICO

ORGANIZADO POLOS MONITORES DA BASE DO CLUB JUVENTUD CAMBADOS.
O 29 DE XUÑO EN PAZO TORRADO-CAMBADOS
O vindeiro día 29 de xuño a partires das nove da mañan, terá lugar un magno festival folclórico-deportivo-gastronómico no Pazo de Torrado en Cambados, organizado polos monitores da Base do Club Juventud Cambados. Haberá torneos de 4x4 da base, torneos senior masculino e femenino o prazo de inscripción empeza a contar dende hoxe ate o 25 de Xuño. Haberá actuacións folcloricas, xa falaremos delas nun post aparte, Rematando a noite cun concertado dun grupo que está a “romper” en Cambados os rapaces de Stand By. Todo isto conducido e presentado por un espectacular Carlos M. Vieites de Conexión Dance e presentardor de Arousa Si Radio Salnés. Por suposto co fin de recaudar cartos para a base haberá unha zona gastronómica na que podes degustar Churrasco, Pulpo a Feira, Mexilóns empanada etc., participa da gran xantar campestre que se vai organizar o mediodia no Pazo.  ¡¡¡Non podes faltar a este evento!!!. Se tes facebook colga a nova no teu “muro”. 

Ningún comentario: