17 de xuño de 2013

NACE UNHA NOVA ASOCIACIÓN EN CAMBADOS:

ASOCIACIÓN CULTURAL DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS A TORRE
Unha nova Asociación nace en Cambados denominada Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais  A Torre, que se adica especialmente a construcción e recuperación de pequenas embarcacións de madeira. 
Segundo conta na sua web http://atorre.yolasite.com/       din que  traballan  xuntos para divulgar os grandes e os mais pequenos a tradicionalidade das embarcacións traballadas en madeira e todo aquelo que se desenvolve no mar, que é o realmente os caracteriza, para poder compartila con outros grupos e persoas que comparten a sua  visión. 
      Ben sexa porque desexas votarlles unha man ou participar en calquera das suas actividades, dar unha saida nas suas embarcacións, ou se queres compartir fotos ou artículos, ese é o lugar para facelo. Tes moita mais información na súa web e na súa páxina de facebook: https://www.facebook.com/atorre.embarcacionstradicionais?fref=ts

Ningún comentario: