28 de xuño de 2013

NO PLENO DE ONTE REXURDE “O GRAN DICTADOR" LUIS ARAGUNDE.

SEGUNDO ANOVA O PP DEMOSTROU NO PLENO DE ONTE NON SO QUE NON LLE IMPORTAN OS PROBLEMAS DOS VECIÑOS DE CAMBADOS, SE NON QUE NIN SIQUERA OS QUERE ESCOITAR.
AFECTADOS DA TERCEIRA LISTA ABANDONAN ESCANDALIZADOS O PLENO ANTE A CHULERIA E SOBERBIA DE LUIS ARAGUNDE.
“No está permitido hablar, y si me vuelven a interrumpir voy a tener que desalojar el pleno”
Segundo ANOVA CAMBADOS esta foi a única resposta que lles deu o Alcalde de Cambados, aos numerosos veciños que onte acudiron o pleno en defensa dos seus postos de traballo, intentando buscar apoio institucional ante o grave problema que afecta ao traballo de un millar de mariñeiros da comarca pola Regularización das Embarcacións Pesqueiras, con varios veciños de Cambados afectados directamente, veciños que viven do mar, e que viron como o Goberno Municipal do PP lles deu as costas, e non amosou o mais mínimo interese nin en arranxar a actual situación na que se atopan nin , o que é mais duro, sequera en defender os intereses do seus propios veciños.
 ANOVA informa que a imaxe que se deu onte no pleno do Concello de Cambados ao remate do mesmo, cando se tratou a ultima moción do Orde do dia, na que se trataba o tema da Regularización das Embarcacións Pesqueiras, foi unha autentica vergoña para o noso concello, como comprobaron o medio centenar de persoas que acudiu a este pleno. A tarde transcorria con certa normalidade, ata que o Alcalde de Cambados, o de Ilustrísimo deixouno esquecido na casa, vendo que a intervencion dunha membro da oposicion era recibida polo público con aplausos de aprobación, dedicouse, primeiro a interromper continuamente a esta persoa que facía uso do seu turno de palabra, e logo, nin corto nin perezoso, mostrando unha moi mala educación, e vendo que con interromper non lle era suficiente, comezou a berrar polo micrófono para tratar que non se escoitara a intervención da oposición. 
Unha escena patetica, berrando Luís Aragunde polo micrófono que a culpa era de Europa, e que xa se fixeron varias regularizacións antes pero os mariñeiros pasaran do asunto, que polo tanto tiñan que haber arranxado as embarcacións no seu momento e non viñeran agora a molestar, que a Xunta de Galicia anos atras quixera comprar Tonelaxe para despois venderllo os mariñeiros e que Felipe González non lles deixara, que o PP non tiña a culpa de nada, e varias frases mais que daban a entender que en último caso a culpa era dos mariñeiros. O que nos non esquecemos é onde estaba Luís Aragunde cando Felipe González era presidente e que ideoloxías políticas tiña o actual alcalde na sua época moza.
Pero non contento con estas afirmacións absolutamente fora de lugar, e moi interpretables, o noso Alcalde e representante de tódolos veciños de Cambados, empezou a dicir que non toda a xente en Cambados estaba de acordo coas reivindicacións dos afectados pola regularización das embarcacións, que un veciño de Cambados fora ó concello e lle dixera que tivera que hipotecar a casa en 11.000 €, para poder pagar o Tonelaxe da súa embarcación, e que estaba en contra de que agora, a "estes" lles salga todo gratis. Esto último encendou os ánimos dos afectados, que lle chamaban “Trampón” e dicían en voz alta que “Iso é mentira, amósanos os papeis”. 
O Alcalde seguiu a súa intervención asegurando que dende o Concello tiñan que defender a tódolos Cambadeses, e que esta xente, non representaban o sector do mar, e que o sector do mar esta representado pola Cofradía de Cambados e a Federación, e non pola plataforma de afectados, afirmacións coas cales aumentou a indignación dos afectados que de seguido, a pesares de que o señor Aragunde non lles permitia falar, lle contestaron “Que na Cofradía é onde están os Ladróns e non defenden a nadie”, en clara alusión as dúas imputacións do Patrón Maior de Cambados, e a situación na que se atopa en pleno proceso Xudicial, e que para o asombro dos presentes, parece que todo Cambados coñece menos o noso Alcalde.
Foi nese intre cando os afectados se levantaron do Pleno e decidiron abandonalo despois de que o Alcalde empezara a falar de cara a galería con frases como que “Gracias o PP en Cambados moita xente ten mañan o seu prato de comida na mesa”, ou atacando a oposición o vello estilo do PP “Vos non fixechedes nada no Bipartito e vindes agora con isto”, e finalmente deu paso as votacións da moción mentres os afectados pola regularización abandonaban a sala insultando os membros da corporación do PP, amosando a súa indignación con berros, como fixera o Alcalde anteriormente na intervención da oposición, mentres o Alcalde repetía unha e outra vez polo micro, queno pleno de Cambados os veciños non teñen dereito a falar, e como o seguiran a interromper ia a ter que desaloxar o Pleno, ao que lle responderon os veciños de Cambados afectados pola regularización dende a porta do Salón de Plenos, “tranquilo xa nos marchamos nos, pero as de vir a pedir o voto polas portas das casas”.
O problema da Regularización das Embarcacións Pesqueiras xa foi levado aos Plenos da maioría dos Concellos do Salnés e do Barbanza, logrando o apoio unanime de todos os partidos, coa excepción do Concello de Vilagarcia onde o PP non aceptou a moción a tramite, e o de onte en Cambados, onde so se aprobou a moción que presentaba o PP, moción feita cara a galería, sen consensuar nin consultar cos afectados, e que non vai solucionar os seus problemas. Isto sendo Cambados un dos Concellos con maior numero de mariñeiros afectados por esta situación, e sendo Luís Aragunde o responsable provincial de Pesca do Partido Popular, ademais de ser empregado durante moitos anos na Lonxa de Tragove, antes de comezar a súa andaina política nas filas do PP.
Para Anova Irmandade Nacionalista, e non solo dende Cambados, se non dende a organización nacional da mesma, apoiaan as reivindicacións por parte dos afectados, e consideran que o primordial e defender os postos de traballo dos nosos veciños, e así o fiixeron  saber na sua organización presentando una proposición non de lei na ultima Comisión de Pesca no Parlamento de Galicia, a través do Grupo Parlamentario AGE.
GRAZA ANOVA CAMBADOS pola información, non vindeiros plenos trataremos de estar presentes, por que si esperamos que esto se publique na prensa do réxime, estamos "fodidos". 



Ningún comentario: