29 de xuño de 2013

SEGUNDO O BNG, O PP ACTUOU DE XEITO HIPOCRITA NO PLENO DO XOVES

OS AFECTADOS TAMÉN SE PRONUNCIARON E CALIFICARON O PLENO DO XOVES DE VORGOÑA: “DAN ASCO”. 
PARA A VOZ DE GALICIA E O FARO  "NON EXISTIRON" OS INCIDENTES DO PLENO DO XOVES
O BNG de Cambados dinos que o PP está en contra dos intereses dos afectados pola regularización das embarcacións pesqueiras.
 Nunha  nota de prensa remitida a este blog dinos o BNG que no pleno de onte o PP volveu a demostrar, como ven sendo habitual, que para eles o primeiro son os seus intereses e despois os da cidadanía.
Así, no debate sobre a regularización das embarcacións pesqueiras; un tema que o BNG levou a sesión plenaria previa reunión cos mariñeiros afectados, o PP quedou en evidencia. Recórdese precisamente, con respecto a este tema, a queixa do BNG  porque, no seu momento, a petición de cita que nos fixeran os implicados e entregaran no concello,  desde alí non lle foi pasada ao BNG ata 10 días máis tarde. Aínda así na reunión que mantivemos cos representantes do sector afectado e considerabamos urxente, escoitamos as súas demandas e o BNG presentou unha moción que tentou recoller as necesidades que tiñan para buscar unha solución ao  problema. 
NON TEÑEN VERGOÑA
Así mesmo,  os representantes do sector querían reunirse con todos os grupos políticos para tratar de conseguir a unidade de acción que levara a solucionarlle o problema; unidade que non conseguiron grazas ao PP. Semella que as dificultades comezaron porque o PP non tivo aínda tempo para reunirse con eles (son xente moi ocupada: dedícanlle moito tempo a facer recortes e subir impostos) e, polo tanto, este grupo político presentou a súa propia moción sobre esta problemática, que non era precisamente a que pedían os afectados. Finalmente o PP votou en contra da moción do BNG que defendía a proposta dos armadores e votou a favor da deles que non satisfacía aos afectados, quedando claro que actúan  en contra dos intereses dos damnificados. 
O máis grave é que o PP segue sen recoñecer a responsabilidade que teñen como gobernantes. Para eles, os responsables, sempre son os que gobernaron antes ca eles ou que a responsabilidade é dunha tal “Europa”. Como se o PP non fora o grupo político con máis representantes en Bruxelas; onde están?, que fan? E por certo, son representantes que non están a defender os intereses reais dos galegos e galegas senón os intereses dunhas minorías poderosas e privilexiadas. Unha vez máis o PP actuou dun xeito hipócrita e lamentable como xa ven sendo habitual.
OS PREXUDICADOS POLA REGULARIZACIÓN TAMÉN SE PRONUNCIARON: “UNHA VERGOÑA O DO PLENO DO XOVES”.
Os afectados manifestaron a este blog que o xoves  tiveron   pleno no concello de Cambados onde se votaba a moción que estan  entregando os afectados pola regularización e o PP votou en contra , cousa que lles pareceu incrible. Solo estan a favor de ampliar o plazo 2 meses. Votaron en contra da paralizacion e modificacion da lei. Unha vergoña, sabendo que Aragunde traballou na lonxa e sabe como esta o sector, “que noxo dan”, seguen a manifestar os afectados. O PP  estan a favor de facer un censo autonómico pero eso conleva perda de dereitos de transmision, venta, subvención etc para os armadores. Os afectados envianos  a mocion do PP pa que vexades “o que se mollan polos armadores e mariñeiros”. Non teñen, alo menos en cambados, vontade de loitar por defender aos afectados, sabendo que en Cambados hai moitos. "Pero nos imos seguir igual". O lunes os afectados teñen unha reunion cos do PP comarcal na sede popular en Cambados e “van  ir a saco” . En Vilagarcia Tomás Fole, outro impresentable máis, tamen votou en contra. A todopoderosa da conselleira estalles a dicir o que teñen que votar.”Un asco”, así é como califican a actitude do PP os afectados.
A ACTITUDE VERGOÑANTE DO PP NO PLENO DO XOVES NA PRENSA:
Agás o Diario de Arousa, que si se fixo eco, a súa maneira,  da nova,  tanto La Voz de Galicia como para Faro de Vigo, a los menos nas suas respectivas adicións dixitais, para eles non existiu percance algún no pleno do xoves nin tan siquera actitude dictatorial de Luis Aragunde. Lamentable actitude da prensa de Arousa que destacan novas sen interés en cambio as que teñen interés a efecta ao PP ni as citan. O que decimos sempre, prensa subsidiada prensa comprada. Para a Voz é más noticia o de "Chochito" que abronquen a Aragunde nun pleno,  isto é vergoñante.
 A PROBE E REDICULA MOCION DO PP SOBRE O TEMA:



1 comentario:

MANUEL dixo...

Recordarlle o Alcaide que, como tamén el o sabe, en todalas "regularizacións" anteriores o que se fixo bén foi sacarlle os cartos a base de tasas (e algún que outro chato)a maioría dos mariñeiros. Toreáronos hasta decir basta, hoxe un requisito e mañán outro...o de sempre cando non hay un marco xurídico acertado e elaborado con senso e con consenso. Sempre falloú a Administración, e os casos que ainda quedan no aire son de xente que, en principio,po lo menos hai que escoitar, e dar mostras de preocupación polos que fai uns anos axudáronche a levar pan pa túa casa e teñen bocas que alimentar. O sobrenombre de DICTADOR sempre penseí que era excesivo para o teu comportamento, ainda que cada día que pasa vai quedando mais lonxe "Luis o da Lonxa",o sinto por tí, tés a oportunidade que moi poucos teñen para poder facer ben a un colectivo nada mais que intentando defender o teu pueblo da avaricia e as falcatruadas de catro iluminados, pero non, estás na mesma líñea. O teu partido é o pobo de Cambados, non o esquenzas.