25 de xuño de 2013

O ALCALDE DE CAMBADOS NUNHA REACIÓN TOTALMENTE ANTIDEMOCRÁTICA, NON INCLUE NO PLENO DO XOVES UNHA MOCIÓN DO BNG

A MOCION ERA SOBRE DA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DO SALNES
O BNG TAMÉN PROTESTA POLA IMCOMPRENSIBLE RETIRADA DUNS CONTENEDORES DE PAPEL
Os do BNG de Cambados, veñen de denunciar hoxe mesmo cun escrito presentado no
concello  que o pasado día 6 de xuño, este grupo, presentou no rexistro do concello (nº de entrada 2013/3142) unha moción para a “ampliación do hospital do Salnés”, coa intención de que fora tratada no pleno que se celebrará o próximo xoves, pero unha vez coñecida a Orde do Día, do citado pleno, comprobaron  que non se tratará dita moción; o BNG pidelle o alcalde  que se aclare cal é a causa pola que non será tratada, no próximo pleno, a moción presentada polo BNG para a ampliación do hospital do Salnés.
Como todos sabedes cada grupo só pode presentar como máximo para cada pleno duas mocións, neste o BNG só ten presentada unha  sobre da regularación das embarcacións pesqueoras. Incomprensible a actitude antidemocrática do noso alcalde  que pensa que o concello e a súa finca particular de Moraña,  e fai o que lle peta.
CONTEDORES DE RECOLLIDA DE PAPEL E LIMPEZA DE CAMIÑO NA MODIA
Asemade os do BNG tamén van presentar no mesmo pleno a seguinte pregunta: 
·         Cal é a razón pola que se retiraron os contedores para recollida de papel que había a carón do Centro de Saúde, da Lonxa vella e da Estación de Autobuses, en pleno centro urbano de Cambados, zona con importante presenza de comercios, oficinas e organismos públicos, ademais de veciños/as?
 E por ultimos os de Victor Caamaño tamén van presentar o seguinte rogo:
·         Que se proceda á limpeza do camiño que vai dende o lugar de San Antón, na Modia, ata o de Cortiñas de Arriba, todo ao longo do valo da finca coñecida como “Pinal de Maza”, en gran parte intransitable; pois córrese o perigo de que, como xa ten sucedido noutras ocasións, estes camiños ao levar moito tempo fóra de servizo acaben sendo apropiados por algún colindante.
Como sabedes os veciños de Cambados dada a pouco disposición mental do noso Alcalde, xa que non é capaz de contestar no momento as preguntas,  esta pregunta e este rogo serán contestados dentro de dous meses. 




Ningún comentario: