24 de xuño de 2013

O BNG E A ANPA DO COLEXIO DE VILARIÑO FALAN DA UNITARIA DE COBAS DE LOBOS

TERE PRADO SUSTITUE A CHON COMO CONCELLEIRO.
A parlamentaria, Montse Prado, e o portavoz municipal do BNG, Víctor Caamaño, reuníronse esta semana coa ANPA do colexio de Vilariño para tratar o tema do posible peche da escola
unitaria de Cobas de Lobos, que está a propor a Consellería de Educación. 
O BNG trasladoulle aos pais e nais que está a traballar para conseguir que esta unitaria permaneza aberta o próximo curso escolar e que nesta liña de actuación ven de presentar, esta mesma semana, unhas iniciativas parlamentarias.
Igualmente, o BNG maniféstalle aos representantes da ANPA a súa total predisposición a apollar ás esixencias e  reivindicacións das nais e pais de alumnos/as afectados para que o próximo curso a unitaria permaneza en funcionamento.
SUBSTITUCIÓN DE CONCELLEIRO/A NO GRUPO MUNICIPAL DO BNG
Como consecuencia do cese do  concelleiro en Cambados,  Xaquín Charlín González, ao cal agradecen dende o BNG local  a entrega e dedicación no traballo municipal nestes últimos dous anos de lexislatura , tomará o relevo no seu lugar, a militante Teresa Prado Cores.
Teresa Prado Cores e  veciña da parroquia de  Oubiña e traballa como mariscadora. Así mesmo leva máis de vinte anos como militante no Bloque Nacionalista Galego, desempeñando actualmente o cargo de Vicerresponsable Local. Ademais  é colaboradora de diversas asociacións na súa parroquia sendo, a dia de hoxe,  directiva na Asociación de Veciños de Oubiña.
En realidade quen deberia sustituir a Chon por orde de lista seria Ernesto Falcón, pero este renuncio en beneficio de Tere Prado.

Ningún comentario: