19 de xuño de 2013

O CINISMO DE LUIS ARAGUNDE NON TEN LIMITES

AGORA DI QUE O CONCELLO SÓ DEIXOU A PRAZA DE FEFIÑANS NO MERCADO MEDIEVAL.
CANDO A FESTA SE PRESENTOU NO PROPIO CONCELLO.
O alcalde presentando a festa.
O noso Alcalde  parecese moito a eses adestradoress egoistas que cando perden un partido  culpa os xogadores e cando gañan é porque funcionou o seu sistema. Isto veu a pasar estes dias de Cambados o noso Alcalde fracasou estrepitosamente coa Mercado Mariñeiro Medieval e agora bota balóns fora. As redes sociais botaron fume chamándolle de todo o noso Alcalde pola desastroso Mercado mariñeiro celebrado en Cambados este fin de semana pasado. 
“Cachondeo” e “despilfarro” eran os calificativos mais suaves para unha festa que de mar non tivo nada. Unha gran reportaxe feita polo blog “Bou de Vara” destapaba o rediculo de Luis Aragunde quen agora como San Pedro con Cristo nega que  tivera nada que ver.  Xa sabedes que tachei moitas veces de trampón a Luis Aragunde con datos e hoxe reitero ese calificativo temos un alcalde moi trampón.
O pasado 11 de xuño no CONCELLO DE CAMBADOS i a a dicir o carota  do noso Alcalde, pero non o digo,  presentaba o “I Mercado Mariñeiro Medieval” na compaña de Rosa Carballo dos Grupos de Acción Costeira, a propia prensa, entre eles os afectos o reximen, decia textualmente “que o concello rganizaba o evento e colaboraban os G.A.C”. E continuavan a decir os da prensa:  “Tanto o alcalde como a gerente do GAC coincidiron á hora de realizar un chamamento á participación neste mercado marinero que conta cun escenario da xerarquía da Praza de Fefiñáns.” E continuaba a dicir os periodistas “Tanto o alcalde como a gerente do GAC coincidiron á hora de realizar un chamamento á participación neste mercado marinero que conta cun escenario da xerarquía da Praza de Fefiñáns. “
¡¡¡Manda Carallo!!!, disculpade a expresión tan galega,  ate o Patrón Maior de Cambados, creemos que nun momento de lucidez dixo da festa: "A verdade é que todo o que había no mercado eran produtos do interior. Este tipo de eventos terían que estar máis enfocados cara ao mar".
Mentres o Presidente dos Rañeiros Carlos Martínez dicia "Nese mercado non había nada de mar. Había chourizos , queixos, bebidas exóticas, produtos de artesanía... pero nada relacionado co mar. Isto é un cachondeo e un despilfarro. Para isto son os GAC? Para tirar o diñeiro ao lixo?".
Sabedes que dixo Luis Aragunde “O Concello, non participou na organización, e que se limitou a deixar a praza para o evento” (Por certo é no que colbora no 99% dos eventos que se celebran en Cambados, en deixar o pobo). Terás morro Luisiño e despois pareceche mal que te poñan cos morros de “Carmen de Mairena”, pero si os tes ti mais grandes.  
Pero o mercado medieval tamén disgustó a numerosos comerciantes e hosteleros de Cambados, tal e como recoñecía o presidente de Zona Centro, Juan Rei. Algo que lles molestou especialmente é que nin sequera foron avisados de que se ía a celebrar. "É un feo que nos fixeron", declarou Rei. Por iso, a asociación pediu unha reunión co alcalde.  Destacable a actuación deste home Juan Rei no primeiro  renuncio do Alcalde xa o criticou. Luis nunca recibira unha critica do anterior. 
Luis,  un home cando ten un  erro é consecuente e da cara, non fai como ti  QUE SI TES MOITA CARA  e  se agocha no cinismo e na mentira.
Xa cho dixemos moitas veces Luis unha festa medieval faise cun tempo anímase a poboación, daselle tempo para facer os seus traxes, implicase a hosteleria e demais negocios, e adornase como Deus manda o pobo, que  non é o mais caro. E se non aprende doa que fixo unha vez Unha Grande Chea, que sin un peso (Esta custou 50.000 euros), fixo gozar a medio Cambados.



Ningún comentario: