18 de xuño de 2013

UNHA PRENSA SUBSIDIADA , NON É UNHA PRENSA LIBRE.

ARAGUNDE GASTOU EN PUBLICITAR EN PRENSA O ALBARIÑO 2012 MAIS DE 30.000 €.
A VOZ DE GALICIA COBROU POR CATRO ACONTECEMENTOS DA DEPUTACIÓN MAIS DE 26.000 €, SEGUNDO O BLOG “ALZA LA VOZ CAMBADOS”.
Desgrazadamente a crise tampouco respeta a prensa, moita dela en Eres, outros despediron grandes profesionales a outros teñenos traballando por catro patacóns, en fin todos se teñen que buscar a vida e así nacen cousas como Pontevedra Viva e outros medios, os profesionais búscanse a vida como sexa. 
E dende aqui o meu respeto e apoio a todos aqueles que teñen que seguir baixo o duro xugo da dictadura da editorial. A todos nos gustaria que a prensa fora libre, que a prensa subsistira das suas ventas, das suscripcións,   de publicitar empresas. Desgrazadamente internet fixo estragos na prensa escrita, a crise a todos niveis tamén fixo que moita xente deixara de mercar periódicos e o pechar moitas empresas a publicidade baixou escandalosamente. De que subsisten, pois unha gran parte da prensa,  subsiste da publicidade institucional, e esto o PP sabeo, sabe que  a prensa que non sea afin os seus intereses non hai publicidade casos como “El Pais”. Mais abaixo tedes un gráfico dos gastos, que atopamos seguramente hai mais, que se ocasionaron en publicitar o Albariño 2012, nada mais e nada menos que só na festa do Albariño gastouse en prensa mais de 30.000 euros, agora contar outras festas, concellos e deputación son os amos da prensa, a unha palabra de Louzán ou o mesmo Aragunde a maquinaria mediática móvese de tal maneira que non vos imaxinades, agora vos explicades como se lle deu tanto bombo a unha noticia que si Chon non fora concelleiro non sairia tan sequera deste blog. 
Fai uns día o blog amigo “ALZA LA VOZ CAMBADOS, publicaba un interesante artigo que nos contaba como a Deputación de Pontevedra “gastaba” en  catro acontecementos Copa Deputación, concurso da Camelia, Actividades deportivas e Gala do Deporte nada mais e nada menos que a friolera de  132.790 € en prensa. O periodico que sacou a palestra o tema de “Chochito”, neses catro acontecementos foi un dos que mais cobrou embolsándose a cantidade de 26.458 €. “El Pais” volveu a quedar fora deste “reparto”.  Entendedes agora porque se dimensionaou de tal maneira  a nova de “Chochito”. E o mais grave non iso, o mais grave e que segundo conta ALZA LA VOZ CAMBADOS, Louzán non se conforma só con ter amarrada a esta prensa senón que se da o luxo de subvencionar a prensa da extrema dereita concendendolle subvencións a Intereconomia e La Gaceta. Antes deciase que a prensa era o cuarto poder, agora non, agora dise que o que ten o poder ten a prensa e o PP sabeo.
Aquí vos deixo os gastos en prensa no Albariño 2012, e despois o noso alcalde dinos que lle da de comer gratis a 600 persoas para que fagan publicidade da festa, entón el que fai gastando mais de 30.000 euros en publicitar a festa na prensa. Vos entendedelo?
Datos recollidos do Concello de Cambados

Datos recollidos por "Alza la Voz Cambados" da Deputación de Pontevedra.




1 comentario:

MANUEL dixo...

Si o XUVE non xoga na categoría de PRATA é unica e exclusivamente responsabeledade do CONCELLO e da DEPUTACIÓN, agás dos empresarios que están a pasalas canutas os únicos que o poden salvar, COS NOSOS CARTOS, son eles, porque despois de ver novas como esta non hai dúbida de que fan o que lles peta cos cartos e os invirten para o seu beneficio e co seu beneplácito. ¡¡¡¡A QUÉ ESPERADES PARA DAR A NOVA DE QUE O XUVE XOGARÁ A PROXIMA LIGA POR TODA ESPAÑA !!!! Luisiño, con cousas como estas o pobo está moi sensibilizado, tes unha boa ocasión para medrar.