PESE A SER O XORNAL QUE MAIS CARTOS RECIBE DA XUNTA QUERELLE BAIXAR O SOLDO OS EMPREGADOS.
O periódico dixital “Galicia Confidencial” denuncia que os traballadores de La Voz van unidos á folga o vindeiro dez de xullo.
A empresa de Santiago Rey teima en denunciar o convenio vixente e os asalariados responden quen non van rebaixar os seus salarios para financiar máis despedimentos.
A asemblea de traballadores de La Voz de Galicia xuntouse este domingo na Coruña. Os traballadores acordaron o camiño das mobilizacións cun calendario que inclúe a convocatoria dunha folga para o día 10 de xullo. Considérase que "esta é a única vía que queda para que a empresa se decida a negociar de boa fe dunha vez por todas e abandone o camiño dos feitos consumados".
A convocatoria chega despois de que o diario de Santiago Rey denunciase o convenio que acordara cos asalariados. Malia ser o grupo de comunicación que dende hai lustros recibe máis diñeiro público -a miúdo a dedo-, La Voz pretende volver a baixar o salario dos traballadores e ter as mans libres para forzar novos despedimentos, saltándose o convenio vixente, que o Comité asinou co apoio do cadro de persoal baixando salarios a cambio de limitar os despedimentos.
Agora a empresa botou o peche á mediación en Madrid para recurrir inmediatamente a Comisión Consultiva Nacional de Convenios Colectivos, que podería emitir unha resolución vinculante a mediados de xullo sobre a inaplicación das condicións salariais pactadas no actual convenio colectivo.
Os sindicatos de La Voz parecen dispostos a recurtar salarios a cambio de salvar postos de traballo. Iso si, as centrais acusan á empresa de "non ofrecer garantías claras de mantemento de emprego que permitira un acordo sobre medidas salariais".
No Comité de La Voz colaboran sindicatos como a CIG, gañador das últimas eleccións, Comisións e Sindicato de Xornalistas.
Unha ampla maioria dos traballadores reunidos na asemblea refrendaron a proposta do Comité e propuxeron outras acción, mentres segue adiante a vía xudicial que impulsou a empresa. A liña de traballo dos asalariados é "non entregar cartos que van a servir para pagar despedimentos".
Está por ver agora o grao de seguimento do paro. En Galicia, os traballadores de La Voz de Galicia son os primeiros dun diario impreso que convocan unha folga dende que os asalariados de La Región sufriran un ERE hai catro anos. Se logran que o 10 de xullo o diario non chegue aos quioscos, será un feito inédito na historia recente da prensa do país.
TESTO E FOTOS RECOLLIDOS DE GALICIA CONFIDENCIAL
NOTA DO ADMINISTRADOR.- Por certo vichedes esta noticia na Voz, verdade que non. Deixamolo ahí polo de agora. Dende este blog toda a solidariedade cos empregados deste periódico víctimas dunha dictatorial patronal e de a veces escribir o que non queren.
Ningún comentario:
Publicar un comentario