23 de xuño de 2013

O MISTERIOSO CASO DA RÚA ATLÁNTICO DE CAMBADOS

UN CASO PARA RESOLVER SHERLOCK LOUZAN E WATSON ARAGUNDE
Como sabedes a Rúa Atlántico estái situada en perpendicular a Avda da Coruña e vai sair a Zona polideportiva do Pombal. Un día , misteriosamente a Deputación, a finais do 2012 fixo a calle, cando segundo ao parecer esta tiña que ser realizada polos contratistas que teñen obras na zona respetando así a Unidade de Xestión.
O pasado 30 de Abril xa denunciabamos neste blog que debido as choibas a rúa Atlántico son incontables os baches que hai no tramo asfaltado e non digamos os que hai indo para o Pavillón.
Tamén diciamos que Atlántico non se entendia  como a Deputación de Pontevedra métese a urbanizar unha unidade de xestión cando isto é competencia exclusiva da mesma e quenes teñen que encargarse do asfaltado e das veira rúas. Por riba a Deputación deixou o rúa e medio empezar e nun estado lamentable. Xa diciamos daquela  o desta rúa é realmente un misterio.
Hoxe liamos nun diario da zona que o Concello agarda polas obras da promotora para asfaltar a rúa Atlántico 
O alcalde de Cambados, Luís Aragunde, explicou nos últimos días que o Concello espera polas actuacións que a promotora debe executar na rúa Atlántico para poder proceder ao seu asfaltado. Como sabedes as obras nesta zona levan un retraso grandisimo
A situación deste vial, nas inmediaciones de Fefiñáns, facíase pública esta semana, cando algúns residentes denunciaban que levan esperando un ano polo aglomerado da vía, aberta o ano pasado para o aparcamiento de grandes transportes da Volta Cislista a España. 
A rúa conta cun firme en terra, deteriorado, que fai que algúns residentes quéixense por baches á entrada de garajes, po continuo nas vivendas e ata grava lanzada cara a portas e fiestras. 
Luis  asegurou que o Concello ten intención de asfaltar a estrada, aínda que non precisou en que marxe, como que non o preciso xa o dixo mais arriba cando as obras da promotora estean rematados, cando ban estar entra no misterio. 
Explicou que o Concello segue pendente de que a empresa promotora con competencia na contorna termine de executar as correspondentes canalizaciones de pluviales, así como a colocación de bordillos para poder crear as beirarrúas proxectadas. 
Os veciños críticos apuntaban que a situación foi posta en coñecemento do Concello en varias ocasións, comprometendo obras que aínda non chegaron. Critican que se manteña unha rúa con este aspecto, tan próxima á turística Praza de Fefiñáns, e tamén critican como a Deputación abre unha rúa sen vir a conto, esperemos que Sherlock Louzán e Watson Aragunde, algun día nos revelen o misterio. 
Ven moi o pelo unha poesia actualizada por Carlos Martinez de Rosalia de Castro: 
Adeus peixes, adeus leite
Adeus todo canto temos
Adeus cartos aforrados
Non sei cando nos veremos

Miña terra, miña terra
Terra onde meu criei
Caciques que quero tanto
Os chourizos que eu votei

Catro parvos traballando
Empregos que leva o vento
Paxarracos timadores
Casiña do meu banqueiro

Paparemos as castañas
E veremos Luar
Mentras poñan a Gayoso
Non hai tempo a protestar

O Pokemon e o Carioca
Operación Campeón
E tamén temos a Orquesta
Adeus, para sempre adeus

Adeus Cason e o Egeo
Chapapote onde nacín
Non nos chegaba co Urquiola
E trouxeron o Prestige

Deixo os montes ben queimados
Deixo merdiña no mar
Deixo todo feito un asco
Quen poudera non deixar.

Ningún comentario: