AVELINO OCHOA CON DESPACHO EN CAMBADOS E O GROVE, FOI UN DELES.
Malia que semella que debería ser tratado con normalidade, os feitos revelan que non o é tanto.
O macroxuízo pola catástrofe da Prestige rematou a semana pasada e quedou visto para sentenza máis de dez anos despois de que a marea negra cubrise as costas galegas. Nikolaos Argyropoulos, xefe de máquinas do buque, aproveitou a quenda de última palabra para pedir "perdón" a Galicia polos danos causados. Ao tempo, a defensa do ex director xeral da Mariña Mercante e outro dos acusados, José Luis López Sors, presentou as súas conclusións para xustificar o afastamento do barco ante o risco de "afundimento inminente" do petroleiro e asegando que achegalo á beiras podería ter tido peores consecuencias. Fíxoo a letrada Consuelo Castro, xefa territorial en Galicia da Avogacía do Estado, e fíxoo en galego.

![]() |
López Sors |
A avogada empregou a lingua propia -ao igual que outros letrados durante o xuízo celebrado na Coruña- malia que López Sors pedira a interpretación simultánea durante as súas comparecencias alegando que non entendía correctamente o galego. E solicitárao malia ser nado en Ferrol e exercer boa parte da súa carreira profesional en Galicia. Interveu con auriculares e chegou a pedir que lle subisen o volume por non comprender ben as intervencións da acusación, unha polémica que foi vista por moitos como un intento de desviar a atención ou incluso de provocar.
Respondeu, xa que logo, López Sors en castelán e logo de interpretación simultánea ás preguntas doutro letrado, o de Nunca Máis, que tamén interveu en lingua galega durante o xuízo do Prestige. Pedro Trepat foi un dos que empregou o idioma propio durante un macroxuízo no que tamén se puido escoitar o galego de boca doutros letrados como Xosé Avelino Ochoa, Alejandro Martín e Miguel A. Fernández. Todos eles compartían unha insignia na súa toga, na que se representa un dolmen, o símbolo da Irmandade Xurídica Galega.
![]() |
Ochoa Gondar |
Agora, son varios os funcionarios xudiciais que comparten a toga da Irmandade Xurídica Galega e defenden o uso da lingua propia do país nun ámbito, o xudicial, onde o idioma está tan esquecido e minorizado. Incluso nun macroxuízo como o do Prestige, centrado basicamente en Galicia e en protagonistas galegos, o galego non foi maioritario. Pero si foi importante grazas á naturalidade (e tamén compromiso) destes avogados que locen un dolmen como insignia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario