RESIDE EN GUATEMALA.
Nesta ocasión traemos a este espazo a un rapaz deste que vemos medrar denque pequeno por varias razón, unha porque
non saiamos do bar do seu pai o Bar Silva e outra porque tamén pertenece a famosa pandilla cambadesa dos “Comepipas”. Manu fixo periodismo en Madrid e unha vez rematou e de facer algún que outro traballo como becario, marchouse en principio para México recaendo posteriormente en Guatemala onde está a traballar:
non saiamos do bar do seu pai o Bar Silva e outra porque tamén pertenece a famosa pandilla cambadesa dos “Comepipas”. Manu fixo periodismo en Madrid e unha vez rematou e de facer algún que outro traballo como becario, marchouse en principio para México recaendo posteriormente en Guatemala onde está a traballar:
ENTREVISTA:
DATA DE NACEMENTO: 15 de decembro de 1987.
LUGAR DE CAMBADOS ONDE RESIDIAS: Rúa Isabel II 9.
TRABALLO QUE REALIZAS: Xornalista.
ESTUDOS:Licenciado en Xornalismo.
ESTADO CIVIL: Solteiro.
FILLOS: non.
NOME DA TUA PARELA E NACIONALIDADE: non teño parella actualmente.
PAIS NO QUE RESIDES: Guatemala.
CIDADE NA QUE RESIDES: Cidade de Guatemala.
Xa levo case 4 meses fora da casa. Os tres primeiros paseinos en México pero saleume unha oferta laboral en Guatemala e para aquí me viñen a buscar a vida no que me gusta que é o xornalismo.
Cal foi a razón primordial da túa marcha?
A situación económica e laboral do país e máis en concreto a que vive o meu gremio, o xornalismo. En España a situación e precaria e a posibilidade de exercer de xornalista é moi complicada. Polo que decidín cruzar o charco e intentalo por aquí. Parecíame a mellor opción pola similitude lingüística e polas gañas que tiven dende sempre de vivir en Latinoamérica. Aínda que recoñezo que nunca me plantexara a opción de Guatemala.
En México foi máis fácil xa que era un país que xa coñecía e onde coñecía xente Ademáis tiña o que para min é unha familia adoptiva. Xa que alí vivía cun amigo mexicano e a súa familia que me trataron como un fillo máis. A chegada a Guatemala foi máis dura nun principio xa que non coñecía a nadie e non é precisamente unha cidade tranquila e segura. Pero pouco a pouco voume facendo a cidade e xa conto con compañía e amigos polo que xa estou moito máis aclimatado, tanto na vida como no traballo.
Tanto en México como en Guatemala a xente é moi a amable e acolledora. Pese a ser lugares con índices de violencia moi altos a maioría de xente e boa e non é “mala onda” como se di aquí cos que chegamos novos.
Segues a actualidade da tua vila?
Intento seguila aínda que a sego máis a través de amigos e familiares que pola prensa. Intento botarlle unha ollada de vez en cando os medios dalí pero non teño moito tempo debido a que acabo de chegar a un país totalmente novo para mín e como xornalista estou totalmente metido en coñecer a realidade de Guatemala xa que é o meu campo de traballo.
A través de familiares, amigos, Diario de Arousa e Voz de Galicia e blogs como A ti meu Cambados.
Como se ve de onde ti estas a situación política e económica do noso pais?
Vese moi mal pero non me entero de todo debido a que ando metido noutra realidade tamen complexa e absorveme moito tempo. De todas formas co que leo sobre España e Galicia e co que falo ca xente da terra chega pa ver que a cousa está jodida e parece que vai a peor. Ogallá me equivoque é mellore a cousa polo ben de toda a xente que aprecio por ahí.
Sinceramente mentras poida quedarme por este lado do mundo e visto a realidade do outro lado non mo planteo. Nunca se sabe xa que non sei si me seguirá salindo traballo por aquí ou non. Pero si sigue habendo choio por estas terras non creo que volva a curto plazo.
Como levas o da morriña?
Lévoa ben pero hai baixóns aínda que rápidamente se recupera un. A morriña e máis momentánea por xente que me apetece ver que por outra cousa.
Segues en contacto cos teus amigos de Cambados?
Si continuamente. As veces ata me dan ganas de romper contacto.jeje. Xa que o vivir con tantas horas de diferencia cando me levanto teño mil mensaxes no grupo que temos en común. Eso cando non me espertan en plena noite cando me esquezo de apagar ou silenciar o teléfono.
Fágoo e teño que facelo xa que meu traballo está moi unido a todo o que pasa no pais.
Que botas de menos do que facias en Cambados normalmente?
Boto moito de menos A Leria e todo o que eso conleva. Tamén extraño o mar e a liberdade de poder sair a calle a camiñar ou facer o que sexa sin ter que preocuparme de nada. Aquí a realidade e moi diferente e non se pode camiñar ca misma tranquilidade que en Galicia. Pese a todo é outro estilo de vida pero a verdade que son feliz por agora. A miña familia tranquilizalos que aínda que sei que a fama violenta de Guatemala está ahí e téñena ben ganada non é un inferno e tamén se pode desfrutar e vivir ben.
Os meus amigos. Pese levar xa bastantes anos fora de Cambados, ata esta aventura iba constantemente polo pobo. Extraño os venres de cervexas e debate na Leria ou o Riff, as festas do sábado… Os Comepipas non é fácil olvidalos.jeje. E sempre que se está a organizar algo de festa entrame a morriña por non poder estar con eles.
Que monumento de Cambados levarías para o lugar onde resides (só podes dicir un)?
O mar que para min é o maior monumento que temos.
Levántome a eso das 6 30, 7. Paso pola redacción, fago un repaso da prensa do día e salgo para algunha actividade ou lugar onde teña que ir cubrir ou buscar algunha información. Logo deso volvo a redacción a escribir. A hora depende do que tarde en rematar a búsqueda e a de salida igual. No xornalismo sábese cando se entra pero nunca cando se sae.
Que fas normalmente o fin de semana ou no teu tempo de lecer?
No meu tempo libre intento xogar algo o fútbol, salir a tomar algo pa desconectar, coñecer lugares do país fora da capital, etc…
Cale a festa que mais botas de menos de Cambados?
Por agora a única forte que me perdín é o Festichon. E esa festa é moi grande e é duro perdela. O albariño seguramente o perda por primeira vez na mina vida este ano e tamén sera duro non poder vivíla.
ENTREVISTA RÁPIDA:
Practicas algún deporte: Fútbol
Que libro estás lendo na actualidade: Agora ando lendo unha novela gráfica sobre os orixes da mafia en Nova Iork.
En que centro fixeches primaria:? No Magariños
Foches o instituto en Cambados, a cal? Si, o Ramón Cabanillas
Se fixeches estudos universitarios , onde os realizaches? Estudiei Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid.
Equipo deportivo preferido: Deportivo da Coruña.
Moitas grazas a Manu pola súa entrevista e espero que lle vaia moi, pero que moi ben. Pedirvos a todos que si tedes un familiar ou amigo fora, e queira sair nesta espazo, mo fagades chegar, sabemos que gustan moito estas entrevistas pola multitude de entradas que reciben. Apertas a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario