Costa traballo arrincarlle un avance da historia. Non quere revelar moito do contido do seu traballo porque espera causar a sorpresa no espectador. O realizador, productor e guionista Juan Galiñanes fala con agarimo do seu último curto, “3-1=0”.
A el dedicoulle os últimos meses da súa vida, tras saír dunha gran productora como Dygra, na que traballara durante nove anos e coa que aínda teñen un cordón umbilical que lles une: o filme inédito “Holy Night”.
A el dedicoulle os últimos meses da súa vida, tras saír dunha gran productora como Dygra, na que traballara durante nove anos e coa que aínda teñen un cordón umbilical que lles une: o filme inédito “Holy Night”.
Agora, lonxe de producións millonarias, de montaxes con grandes equipos e de multitudinarios elencos, dedica os seus esforzos a sacar adiante esta nova historia “moi intensa”, conta Galiñanes. “Trata sobre unha parella que acaban de ser pais e mudáronse a unha nova casa. Tempo despois queren vendela e, coa visita dun posible comprador, Carlos, o protagonista, volve ao fogar que compartiu coa súa parella e durante 20 minutos recorda algúns dos momentos vividos alí. E non todos son bos”. É todo o que quere avanzar desta produción, froito do traballo xunto á profesora Olga Osorio neste proxecto.
Crodwfunding
O non ter un gran soporte de produción detrás dá aos creativos certa liberdade pero, por contra, limita as posibilidades de produción e distribución. Neste caso, Juan e Olga agradecen que “moitos amigos implicáronse no proxecto, comprometéronse e botaron unha chea de horas para que saíse adiante”. O tema da distribución está máis complicado e por iso, botan man do crowdfunding, para lograr medios “que permitan mover o curto”. A cifra que se marcaron son 2.000 euros para conseguir dar os primeiros pasos para a súa difusión. Nuns días xa lograron o 92% desta cuantía, pero insisten, en que si non se logra o 100%, non reciben “nin un euro”.Por iso piden a colaboración de todos, un pequeno graniño de area para conseguir facer o seu soño realidade. Quédalles pouco máis dunha semana.
A realización do proxecto levouse a cabo en apenas catro días de intenso rodaje, xa que todo o traballo previo realizouse en 3D. O elenco desprazouse a casa dunha amiga para a grabación. O material e a postproducción levouse a cabo en colaboración coa facultade de Ciencias da Comunicación e a Escola de Imaxe e Son, onde tamén traballa Olga. A música a firma Sergio Moure. Todo aportan para que esa resta do título cadre mellor.
Fonte: El Ideal Gallego
Ningún comentario:
Publicar un comentario