A decimosegunda Festa dá Vieira de Cambados entra nas súas dúas últimas xornadas. Durante a de hoxe, e ademais da degustación na carpa do Paseo dá Calzada -aberta desde as 12 do mediodía- hai diversas actividades, como un torneo de baloncesto con equipos de tres xogadores -desde as 10
horas ata a noite en Fefiñáns- (este torneo foi suspendido a última hora), unha exhibición de motonáutica en San Tome, ou unha concentración de coches Ferrari, que chegan sobre as 12,30 horas á explanada do pazo de Torrado e que poderán ser contemplados ata as 19 horas.
horas ata a noite en Fefiñáns- (este torneo foi suspendido a última hora), unha exhibición de motonáutica en San Tome, ou unha concentración de coches Ferrari, que chegan sobre as 12,30 horas á explanada do pazo de Torrado e que poderán ser contemplados ata as 19 horas.
Tamén haberá unha demostración gastronómica ás 19,30 horas na oficina de turismo, un festival de canción marinera -ás 21 horas, na Calzada-, e o concerto dos D.J. ás 22,30 horas, en Tragove.
Non é por criticar (ainda que sabedes que nos encanta), e non sabemos o que pensades vos, pero primeiro dara o corpo para tanta festa e segundo, coidades necesario ou convinte coa que está caindo, coas relacións presidente da xunta co narcotráfico que é prudente unha exhibición de Ferraris en Cambados, cando todo o mundo está pingando o moco, ou é que pensa Luisiño que todos temos o nivel adquisitivo del, de Louzán ou de Touris.
Por certo que veciños da Avda de Galicia (a altura do Gadis), queixaronse amargamente da vara de medir que ten o Concello sobre os ruidos, prohiben un concerto de violín na Praza das Rodas, por exceso de ruido, e non deixan durmir os veciños da Avda. de Galicia ate as CATRO da madrugada cunha verbena que por capricho dos organizadores trocarona do seu lugar habitual.
TODAS AS ACTIVIDADES PARA O DÍA DE HOXE
Sábado 20 de xullo
XII Edición das Xornadas de Exaltación da Vieira
10.00h Na Praza de Fefiñáns, Exhibición de Baloncesto “Plaza 2014”, organizado pola Federación Española de Baloncesto, Xuventude Baloncesto e Concello de
Cambados.
12.00h Campionato de Paddle Surf no Porto de San Tomé
12.30h I Concentración de Ferraris no Parque de Torrado
13.00h Exaltación da Viera a cargo de Luis del Olmo
17.00h I Campionato de Ergómetro e Kayak Ergómetro
19.30h 2ª Demostración de cociña (Showcooking) da Vieira de Cambados
Santa Margarida e San Tomé
12.00h Sardiñada, pan de millo e viño tinto para os asistentes
20.30h Misa solemne na capela de Santa Margarita, cantada pola Coral Santa Mariña e a continuación procesión
22.00h En San Tomé verbena popular coa actuación das orquestras Costa Blanca e Galin.
No Auditorio Curso de piano organizado por Academia 5ª Sinfonía impartido por Olga Baranova e Yury Popov. Inscricións e información no teléfono 670424861 ou no correo cursopianocambados@gmail.com
22.30h Na explanada do Porto de Tragove Open Air de Máxima. Xira nacional dos DJ’s J.L. García, J.M. Duro, e o DJ Máxima Winner Daniel M., go-gos e live acts e
performances.



Ningún comentario:
Publicar un comentario