19 de xul. de 2013

O PSOE DE CAMBADOS DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DA PRAIA AS SAIÑAS EN CASTRELO.

Eche ben certo que temos escasos areais en Cambados e a inda por riba os que temos están nun estado lamentable, tal e como denuncia o PSOE de Cambados na seguinte nota:
 "Os Socialistas de Cambados denunciamos o abandono da Praia As Saíñas de Castrelo.
Os Socialistas de Cambados denunciamos o lamentable estado no que se atopa esta praia de Cambados.
Ésta é unha das poucas praias que temos en Cambados e  é unha praia moi concorrida por xente da zona de Castrelo,  pero a súa visita alí estes días é  imposible e son moi poucos os veciños que se atreven a tomar nela o sol.
A zona da area está sucia e a auga tamén ten un aspecto lamentable, ademáis o acceso á praia  é moi complicado posto que a carretera non se atopa en bó estado.
Os Socialistas pensamos que ésta non é a imaxe que queremos dar do noso pobo, porque Cambados non só é museos, albariño e paseos. Tamén é un pobo costeiro que ten que estar orgulloso das súas pequenas pero moi fermosas praias, se estivesen coidadas e limpas e non se dificultase o seu acceso, pero vese que para o equipo de goberno, unha vez máis,  as parroquias fora do período  electoral non son importantes."
   




Ningún comentario: