19 de xul. de 2013

ÁS PORTAS DO 25 DE XULLO

POR XAN GALBÁN
Comentoume un amigo meu que Cabanillas e Vicente Risco andaban ás rinhas co fondo ideolóxico de se o Apóstolo
Santiago estivo en terras de mouros aparecéndolles aos cristiáns para axudaloos a matar infieis,cousas do Risco,ou se pola contra o fillo do trono adoutaba ter a postura con que o Mestre Mateo o esculpira no Pórtico da Gloria,coma un Orador das Sagradas Escrituras
ensinando o ben frente ao mal e que tanto non quixo saber dos Mouros e demais guerras terrenais que cando o Apóstolo decideu vir a descansar eternamente a Galiza dende Palestina,non colleu o atallo mais cercano que era o Levante espanhol pasando deles e decideu arriscar polo perigoso atlántico fondeando na fermosa ria de Arousa;Cabanillas coma grande humanista adicoulle un poema que escoitei fermosamente lido polo seu grande biógrafo Luis Rei onde reafírma o que acabo de esponher.Pois meus benqueridos amigos, inda que esteamos en diferentes organizacións ou en ningunha,defendamos causas dende ópticas
diferentes,enrabietemos con falacias de unidades obviamente negadas,sexamos mais relixiosos que alleos á doutrina eclesiástica,o vintecinco de Xullo é de todos os galegos que sintan Galiza coma algo implícito nún mesmo e polo tanto común a todos os que decidan sélo,NAI E SENHORA,e as Portas das Murallas de Compostela ábrense a todos os galegos que coma na Alba de Gloria de Castelao lles arda no peito a lumieira intensa da Caeira inmortal de Alexandre Bóveda.
 UN ARTIGO DE XAN GALBÁN 

Ningún comentario: