19 de xul. de 2013

UN CAMBADÉS CREA UNHA PETICIÓN EN INTERNET PARA PROTEXER A VIDA DE LUIS BÁRCENAS

BENJAMIN REY PREOCUPADO POLA SORTE QUE POIDA CORRER BARCENAS NO CÁRCERE.
Benjamin Rey, natural de Cambados ainda que fai varios anos que reside en Vilagarcia de Arousa,  acaba de  de crear unha nova petición que espera queiras asinar,  chámase: “Protexer a vida de Luís Bárcenas” 
O filla e a muller de Bárcenas saindo do cárcere
Este tema, segundo Benxamin Rey,  é tremendamente importante para a democracia,e xuntos podemos facer algo respecto diso. Si asinas a petición e compártela cos teus amigos e contactos, pronto chegaremos ao noso obxectivo de 100 firmas e con iso incrementaremos a presión para lograr a decision que queremos. 
Fai clic aquí para ler máis perto diso e para asinar: 
A petición vai dirixida ao dimisionario Mariano Rajoy.
Campañas como esta, segue a manifestar Benjamin,  sempre empezan de forma modesta, pero crecen cando persoas como nós involúcranse. Por favor, toma un momento agora mesmo para contribuír asinando e compartindo esta petición, pidenos Benjamin. 
Benjamin Rey é cámara da TVG e ademais foi o autor do documental “Golpe de Estado en Cambados 1986”, que podes ver neste mesmo blog, entendemos que a protección que pide Benjamin é para "que non lle pase nada raro" a Bárcenas dentro do cárcere e poida seguir "cantando" e desenmascarando a este pandilla de corruptos que nos gobernan.




Ningún comentario: