16 de xul. de 2013

LOUZÁN FAISE A FOTO DE TODOS OS ANOS CO PRESIDENTE DE ESPERANZA SALNÉS

CON ARAGUNDE DE TESTEMUÑA DE PEDRA.
A QUE ESPERA O PP DE LOUZÁN PARA REGULAR A SITUACIÓN DESTES COLECTIVOS.
Outra vez Rafael Louzan veuse a facer a foto anual co presidente de Esperanza Salnés e Augusto Chaves sendo testemuña de pedra o Alcalde Luis Aragunde, pero nesta ocasión  destapopuse dicindo: “Abogo por regular o financiamento de Esperanza Salnés para acabar co goteo de axudas”.  
A Diputación de Pontevedra doa 20.000 euros ao colectivo Esperanza Salnés de apoio a nenos que sofren algunha discapacidad, investimento que permitirá á asociación benéfica o seu sustento ata final de ano. E parecenos ben, é mais parecenos moi ben, pero que  se sepa que os cartos son dos impostos de todos nos non do Rei Midas da política Pontevedra. 
E dende a nosa inocencia preguntamons, a que espera Rafael Louzán para que o seu partido regule estas axudas, mandan no concello de Cambados, mandan na Deputación de Pontevedra, mandan a Xunta de Galicia, mandan no estado español, “mangonean en todos os lados” 
O cinismo de Louzán non ten límites e dixo na entrada dos cartos a Augusto Chaves “Para min é case que violento esta peregrinación de idas e voltas que ten que facer o xerente en busca de sustento económico, debera estar perfectamente regulado”. Pero “querido e admirado Rafael” si che encanta sair na prensa, se quixeras obviar a foto podialo fader perfectamente,  Agora  resulta que cando crean  a famosa en contrastada lei de Dependencia non deixa cubertos estes aspectos  pero Louzán  agarda que a nova reforma da administración local permita “que cada quen asuma as súas competencias” de financiamento, para garantir o futuro deste tipo de colectivos. 
Dito esto o noso mais absoluto respeto o traballo que fai Augusto Chaves en Esperanza Salnés e que os cartos son totalmente merecidos o que criticamos e a foto anual, esto hai que regulalo xa!.

Ningún comentario: