17 de xul. de 2013

O BARCO DE PACO O CHOCOLATEIRO “EMBARRA” NA LUBINA

ALEGRÁMONOS ENORMEMENTE POR ÉL E POLA SÚA TRIPULACION, MERECIAO.
Francisco Bugallo “Paco Chocolateiro” para os amigos e coñecidos, foi un carpinteiro metido a Patrón despois de percorrer gran parte da universidede do mar da man do  catedrádito da ria, o seu sogro Andrés Rey “O Araña”,  independizouse. 
Algúns medios de prensa din que foi un golpe de sorte, pero os que coñecen a Paco saben que non foi un golpe de sorte, saben que Paco estaba buscando a lubina  dende fai tempo, saben que Paco tiña unha serie de anotacións e de detalles que tiña meticulosamente gardados nun libreta como ouro en paño. Paco e unha persoa moi meticulosa en todo e nesto do mar mais ainda. O Montesacro (que nombre mais bonito totalmente  de Santo Tome como é el)  capturou 8.600 quilos de lubina que na lonxa de Vigo traducíronse nuns cen mil euros de facturación, segundo explicaba o propio Paco. Paco,nunca vira o seu barco tan ben fornecido. «Temos tido posibilidade de pescar moito peixe, pero nunca collemos esta cantidade». 
A campanada do venres supuxo un balón de osíxeno para as contas da armadora, pero non tanto como para durmirse nos laureles. Esta noite houbo que volver ao tallo. «É impredicible. Un día colles 1.500 quilos e outro non colles nada», relata Paco. E, nisto, tamén conta o oficio. O «aparello» pode orientar ao patrón sobre a presenza de peixes pero, neste caso, o que funcionou foi a vista e a intuición. «Hai que mirar a ardentía que leva a auga. Agora están en época de apareamento, ou peixe está máis parado e así é máis doado», explica o o avezado Patrón. Aos seus 62 anos acumula xa catro décadas de experiencia ás súas costas e esta experiencia dille que, nestes casos, mellor non dar demasiadas pistas sobre a localización deste maná en forma de robaliza, non é cousa de facilitarlle o traballo á competencia. 
Todo o máis que chega Paco é a situar a pesca do venres en «augas profundas», nalgún punto situado entre as de Arousa e Muros-Noia. Había exemplares para todos os gustos: de quilo e medio e de ata dez quilos. E os prezos, en consecuencia, tamén variaron; entre os 10 euros e os 16 euros o quilo. Anos atrás, a mesma lubina alcanzase os 30 euros, reflexionaba Paco.  Moitas felicitacións sinceiras a Paco un home comprometido co nacionalismo e ca clase obreira, e a súa tripulación e en especial o calvo de Santa Mariña que tanto queremos. Estamos seguros que un dia destes na Herrico Taberna vaise celebrar o evento como se merece.
Fonte: A Voz de Galicia (en  parte,  noutra parte é de “A TI MEU CAMBADOS”). 

Ningún comentario: