FEIJOO LIMITARÁ O SEU TEMPO EN CAMBADOS DURANTE A FESTA.
Que se sepa publicamente debe ser a primeira vez na historia que un cargo político do PP
rexeita o seu nomeamento como Cabaleiro do Albariño, a inda que a prensa non o interpreta así, senón que o interpreta como un aprazamento, xustificando o Conselleiro Sr. Conde a súa decisión no troco de axenda que está a marcar o desgrazado accidente ferroviario de Santiago de Compostela. É mais o Faro de Vigo vaia máis aló e di textualmente que o conselleiro comunicou a Alcaldía de Cambados que “prefire aprazar” está proclamación solemne no Patio de Armas do pazo de Fefiñans para unha edición posterior. Ao parecer a Xunta vai restrinxir a presencia de altos cargos nos actos festivos duránte o vran, do cal nos alegramos profundamente así aforramolle uns cartos ao concello de Cambados que cada ano dilapida nas xantares políticos do Albariño. De todos os xeitos, segundo informa o concello, o Acto do Patio de Armas de nomeamento de Donas e Cabaleiros estará presidido polo presidente da Xunta e amigo de Marcial Dorado, o Sr. Nuñez Feijoo quen tamén vai limitar no tempo a súa visita a Cambados, como por certo xa fixera o ano pasado evitando o abucheo xa tradicional de autoridades por parte do público de Cambados na recepción de autoridades. Nuñez Feijoo tal como constatará este blog o ano pasado entrou directamente no Patio de Armas do Pazo de Fefiñans sen que ninguén o vira, agás un fotógrafo indiscreto que plasmou o momento.

Ningún comentario:
Publicar un comentario