30 de xul. de 2013

“…OS VERDADEIROS HEROES SON OS FERIDOS…”

BREVE REFLEXIÓN SOBRE O ACCIDENTE FERROVIARIO DE SANTIAGO  DE J.BENITO CHARLIN.
Como Técnico en Emerxencias Sanitarias que son e traballador do sector do transporte sanitario, empezo a sentirme abraiado e estupefacto cada vez que vexo nas noticias a
cantidade de heroes que tiñamos en Galicia sin sabelo. Ata o de agora nesta nosa terra,  eu oira falar do Gran Breogán ou do Mariscal Pardo de Cela por poñer alguns exemplos, pero non sabia desta nova especie de heroes que duns dias pra aqui estan xurdindo entre os escombros dunha gran traxedia por facer o que a alguns nos toca,  e moitos que non poden,  quixeran (traballar).
Sei que esto que escribo non é moi popular e a mais de un non lle gustara, pero os verdadeiros heroes desta historia son os pobres feridos que conseguiron sair con vida deses vagóns e as familias dos que non sairon que teñen que comenzar a vivir sin as persoas que queren o seu carón.
Deixemonos xa de entronar a tanto heroe que non vai haber medallas que cheguen e escomencemos a traballar por que isto non volva a ocurrir, construindo lineas de Ave sin tramos a 90km/h por exemplo, ou aprendendo dos erros que se pouderan cometer na xestion da catástrofe que seguro que tamen os houbo.
E pra algun compañeiro que esta facendo a "tourne" mediática polos medios de comunicacion recordarlle que pra ir a Tele 5 Jorge Javier pide ir vestido de Armani polo menos, non vale o chaleco do traballo.
UN ARTIGO DE J. BENITO CHARLIN.

Ningún comentario: