5 de xul. de 2013

O PP CONVIRTE UN FRACASO NUN ÉXITO COA ANUENCIA DA PRENSA

A AMPLIACION DO HOSPITAL DO SALNES FOI PROMETIDA POR FEIJOO EN 2009
Concretamente o 30 de outubro de 2009 prometia que as obras de ampliación do  Hospital do Salnés ian comenzar en 2010, e como vedes nada de nada, estamos a mediados de 2013 e non hai visos de isto vaia adiante.
Os bandazos do Alcalde Gonzalo Durán, que unhas veces protesta e otras veces cíñese o guion dos populares e o  único que destaca nesta mediocridade de alcaldes que temos no Salnés. Estes días coa anuncia da prensa como testemuñas presenciamos outra  mentira mais dos PP, a  conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, visitou a parcela cedida pola Mancomunidade do Salnés á Xunta de Galicia para a ampliación do Hospital e escenificou a aposta do departamento autonómico de licitar as obras antes de que finalice este ano.  Pero paremonos neste verbo un intre:  “licitar”. Que significa licitar, o primeiro que podemos decir do mesmo é que non significa “construir” moi importante este aseveración, segundo a diccionario da Real Academia Galega, ten duas acepcións a primeira é “Ofrecer [unha cantidade de diñeiro] por algo que se poxa” e a segunda que a que procede aquí é “Ofrecer [algo] para adxudicar mediante concurso”, debia de engadir aquí o diccionario o cambiar por este outro texto “Ofrecer algo para axudicar a dedo, primordialmente a algún amigo,  se o goberno é do PP”. 
A sua “graciosa” conselleira engadiu “Desta forma os traballos comezarían en 2014 e antes de que finalice o 2015 estarán finalizados”.  E se no 2015 os traballos non están rematados, a quen lle pedimos explicacións a Sra. Mosquera, o Sr. Feijoo, o Sr. Touris, o Sr. Louzán ou as mediocridades que temos de alcaldes no Salnés Duráns, Aragundes, Foles e Peñas.  Teñamos en conta que o propia arquitecto Joaquin López, insistimos coa prensa como testemuñas, dixo textualmente “só levamos  dez días de traballo, pero que a súa intención é revisar o plan funcional para dar a mellor solución posible. Confirmamos  que entregaremos o proxecto antes de seis meses.”. E se non o entregan dentro de seis meses o proxecto,  a que tempo iria a obra?. Promesas , promesas e mais promesas que  por parte do PP e mesmo que dicir mentiras, mentiras e mais mentiras. O pior de todo e que  a maior parte dos habitantes do Salnés , como se a unha secta se tratara,  seguen botando a estas calamidades en cada comicio, e o pior de todo a prensa subsdiaba loubando obras que non existen.
Imosvos contar unha anécdota: Unha vez estaban dous amigos na ventá da planta baixa da Sociedade Cultural e ese mesmo día celebrase un mitin do PP no lugar, creemos recordar que estaba Mariano Rajoy como invitado, nun intre que a afluencia era numerosa unha das persoas que estaba na ventá empezou a bear (son que emitan as ovellas) “beeeeeeeeeeeeeeeeeee , beeeeeeeeeeeeeeeeeeee, beeeeeeeeeeeeeeee”, case todos miraron para el, baixaron a cabeza e entraron para dentro, dou a sensación de que se derón por enterados. Non podemos ser como ovelliñas,  mentras a xente so saia a rúa para festexar os victorias de seu equipo de futbol e non saia coa mesma ansia para protestar porque nos están a foder vivos ¡ Non hai nada que facer!


Ningún comentario: