18 de xul. de 2013

O PROGRAMA “GALICIA LIPDUB” EN CAMBADOS

ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS
O programa “Galicia Lipdub”, que se despraza cada semana a
unha vila galega para que os seus veciños sexan protagonistas dun vídeo musical, viaxará hoxe a Cambados, municipio situado no centro das Rías Baixas e ben coñecido por todos polos seus deliciosos viños.

Ao ritmo do “Waka Waka” de Shakira, os espectadores verán o traballo feito polos participantes, persoas con moitas historias por contar e que compartirán con todos.PARA VER O PROGRAMA PREME AQUI.

ACTIVIDADES PARA HOXE XOVES 18 DE XULLO EN CAMBADOS.
XII Edición das Xornadas de Exaltación da Vieira
12.00h No Paseo da Calzada, inauguración das XII
Xornadas de Exaltación da Vieira.
Apertura da carpa gastronómica onde se poderá degustar o molusco elaborado de diferentes maneiras.
13.00h Entrega de recoñecementos da Vieira ácomunicación.
16.30h Regata de Bateis
19.30h Mostra de Canción Mariñeira
13Festa de Santa Mariña, Patroa de Cambados (festivo local) 
10.00h Alborada coa Banda de Música de Ribadumia, Abrente e Os Carballeiras
12.00h Misa cantada na Igrexa Parroquial pola Coral Santa Mariña
13.00h Concerto da Banda de Música de Ribadumia e Xogo da ra
19.00h Na Praza Concello, bailes rexionais
20.00h No parque do Pazo de Torrado Festa Infantil a a cargo de Fantasía Animación
20.30h Misa rezada e a continuación procesión
22.00h Verbena (a carón da Praza de Abastos) amenizada polas orquestras Tango e Embajadores.

Ningún comentario: