18 de xul. de 2013

O CAMBADÉS AGUSTIN PASTORIZA “PIBE” FICHA NO BETIS

PASA O VINDEIRO LUNS RECOÑECEMENTO MÉDICO NO VILLAMARIN.
Fai uns dias deciamos neste mesmo blog que  o xuvenil cambadés Agustin Pastoriza “Pibe”, tiña as negociacións moi avanzadas co Real Betis Balompié, para incorporarse ao conxunto andaluz e integrarse na canteira verdibranca.
Recordavamos que o mozo dianteiro cambadés, ao que restan aínda dúas tempadas máis en idade xuvenil, chegou a debutar co primeiro equipo do Pontevedra no partido disputado a tempada recén finalizada, en Pasarón, fronte ao Barbadás. O Betis interesouse polo xogador, especialmente tras os bos informes facilitados polo que fose adestrador da base granate, e do Villalonga, actualmente no filial do club andaluz, Guillermo Fernández Romo.
As conversacións entre Betis e Pontevedra que se viñan  mantendo dende fai xa algunhas semanas, cristalazon definitivamente e Agustin Pastoriza “Pibe” viaxará o vindeiro domingo cara a Sevilla para pasar o vindeiro luns recoñecemento médico no Real Betis Balompie. Estes dias xa se estivo a despedir de moitos dos seus amigos.  De corazón desexamos que “Pibe” triunfe ala onde vaia e leve o nome de Cambados por España adiante. Sorte, moita sorte rapaz.


Ningún comentario: