18 de xul. de 2013

PREGON PARA ÚN IMPUTADO…

E UN PARTIDO “PRESUNTAMENTE”  CORRUPTO. 
O vindeiro sábado 20 de xullo a iso das 13 horas terá lugar no Paseo da Calzada de Cambados o Pregón da Festa da Vieira a cargo dun dos presentadores radiofónicos mais famamos do estado Español o berciano Luis del Olmo. 
Ate aquí non teria nada de particular  se na presidencia do organismo que o invita, confraria de Pescadores de Cambados,   non estivera Benito Gonzaléz Sineiro “Pelea”, imputado nun xulgado de Santiago e noutro en Cambados, no primeiro denunciado por malversación de caudais públicos e outros delitos similares  e no segundo caso tamén por delitos similares. 
A TROIKA
Luis del Olmo que puxo as “mans no lume” por Baltasar Garzón, perseguidor incansable de corruptos, alguns deles pertencentes ao Partido Popular. Luis de Olmo que chegou a dicir de Iñaki Urdangarin  "Este señor é  un sinvergoña...”. (preme enriba da frase).  Como é que se presenta en Cambados a dar un pregón para este personal?. Segunda esta aseveración resulta que o Sr. Del Olmo o vindeiro sábado vai dar un pregón para un sinvergoña e para varios membros de un partido presuntamente “corrupto”. Ali vai estar oindo o pregón o sinvergoña de Benito Pelea (segundo a teoria de Luis del Olmo) e para Louzán, Aragunde, Touris e demais “ralea” pertecente ao PP, partido que perseguia con toda a súa forza o seu amigo Garzón.
Gustarionos que nos explicara o Sr. Del Olmo cal é a diferencia entre entre Urdangarin e Benito Pelea ou  como se atreve a dar un pregón para xente que apartou da carreira xudicial a un dos seus mellores amigos o Sr. Garzón.
“Sr. Del Olmo quien le ha visto  y quien le ve”, estamos seguros de que se Vde. soubera para quen vai dar o pregón que non apareceria por Cambados, agás que o que cobra por dalo sea mais importante que a perda da súa dignidade.






Ningún comentario: