19 de xul. de 2013

CAMBADOS CELEBRA OS DIAS 10 E 11 DE AGOSTO UNHA FEIRA MOI SOLIDARIA

TODO O QUE SE RECAUDA SERÁ DONADO A ASOCIACIÓN “ALBA PEREZ” CONTRA O CANGRO INFANTIL.
Nunca solemos darlle relevancia as feiras que se se celebran en Cambados, como moito unha mera reseña, pero neste caso a feira e moito mais que iso, e unha feira moi solidaria. 
Os días dez e once de Agosto vindeiros vaise celebrar na nosa vila a VI Feira de Artesanía e Comercio de Cambados, e segundo nos informan via facebook, a totalidade do importe recaudado será donado a Asociación Alba Pérez co obxectivo primordial de crear unha beca de investigación de cangro infantil.
QUENES SON A ASOCIACION ALBA PEREZ
O nome vén da Alba  filla do matrimonio que constitue a Asociación,  e que sofre cancro desde que ten 6 meses de vida. 
A Asociación foi creada para axudar á investigación do cancro dos nenos e para apoiar económicamente a equipos de investigación do Hospital Sant Joan de Déu de Barcelonade, e / ou a cantos outros se dediquen á investigación para lograr a curación dos canceres infantís. . 
Mediante as achegas de carácter voluntario por parte dos socios e a organización de eventos consiguen axuda para a investigación dos cancros infantís, en especial o “SARCOMA DE EWING”, entregándoos ao laboratorio de investigació do Hospital de San Joan de Déu de Barcelona, e/ou a cantos outros se dediquen á investigación para lograr a curación dos cancros infantís. 
No seu blog http://asociacionalbaperez.org/  manteñen informados a todos dos progresos que van  conseguindo en canto a investigación destas enfermidades. 
Tamén podes ver un video promocional desta asociación premendo AQUI.
ACTIVIDADES PARA HOXE EN CAMBADOS:
Venres 19 de xullo: 
XII Edición das Xornadas de Exaltación da Vieira
12.00h No Paseo da Calzada, apertura da carpa gastronómica onde se poderá degustar o molusco elaborado de diferentes maneiras.
12.30h Entrega de distincións e recoñecementos da Vieira.
16.30h Motonáutica no porto de San Tomé
17.00h I Campionato de Ergómetro e Kayak Ergómetro
19.30h Demostración de cociña (Showcooking) da Vieira de Cambados .
20.00h Exposición e entrega de premios do Concurso Gastronómico da Vieira.
22.00h Mostra de Canción Mariñeira
23.00h Festival Folk da Vieira
San Antonio, Patrón da Confraría de Pescadores
21.00h Na Igrexa Parroquial, misa cantada pola Coral Santa 14 Mariña.

.

Ningún comentario: