19 de xul. de 2013

O GRUPO CAMBADÉS STAND BY ACTÚA NOVAMENTE EN VILANOVA DE AROUSA

REPITE NA CAFETERIA DELIC A PARTIR DAS DEZ DA NOITE.
O Grupo Cambadés Stand by actúa hoxe a partires das dez da noite na Cafeteria Delic de Vilanova de Arousa, sita no Paseo marítimo da vila veciña, onde repiten actuación iso é boa sinal xa que deberon gustar moito os organizadores. A actuación de hoxe é na terraza do local.
“Stand By” fórmase despois de que Bruno (teclados) escoita cantar, nunha voda, a Quique e comezan a conversar de música. Bruno xa tocara fai anos nun grupo, polo que as ganas seguían latentes, motivo que levo a estes dous a moverse, buscar xente e montar a banda. Tras conseguir ao resto de compoñentes, empezan a ensaiar e a banda empeza a coller forma. 
O único que non parecía coller forma era o nome do grupo, xa que primeiro chamáronse “A Rastro”, pasando despois a denominarse “Tempo Morto”, nome co que deron o concerto de carnavales, e agora, finalmente denomínanse “Stand By”.
 “Chamámosnos A Rastro, logo Tempo Morto, pero non convencíanos moito, e como non nos poñiamos de acordo, dixen Stand By, mentras non atopabamos outro nome” pero parece que non disgustaba moito a idea deste nome, e poida que este sexa o difinitivo. “O importante é facer vibrar á xente”, comentaba o vocalista da banda, Quique. 
A banda está formada por Bruno aos teclados, Javi Pamplona e Matias ás guitarras, ao baixo Xesús, Loyus á batería e á voz Quique. 
Os que asistan o concerto poderán   gozar de forma gratuita das mellores versións dos Rolling Stones, David Bowie, Os Inimigos e moitos máis a cargo de “Stand By”. 

Ningún comentario: