19 de xul. de 2013

FALLO ESTREPITOSO NA FESTA DA VIEIRA

SERVEN O ALBARIÑO EN VASOS DE PLÁSTICO.
“QUE SIRVAN OS VIÑOS NUNHA COPA DE CRISTAL, COMO TEN QUE SER…
Onte comezou a festa da vieira. Non aprenden. O ano pasado pedías un viño albariño e servíancho en vaso de plástico. Este ano volven facer o mesmo... É esta a mellor maneira de promocionar un dos mellos res brancos do mundo?
Presumimos de ter viños de calidade recoñecidos en todo o mundo e nunha festa organizada polo Concello, Deputación e Xunta, que deberían ser as encargadas de velar pola calidade dos productos e servizos que se ofrecen nela, sírvenche o viño nun vaso de plástico? Acaso non deberíamos ser os cambadeses os primeiros en darlle o valor que se merece ao noso produto máis representativo?
Que sirvan os viños nunha copa de cristal, como ten que ser...Non podian facer como fan na Festa Do Alvariño, tan complicado é?.
En que estarán pensando os organizadores desta festa?
As carpas do Paseo da Calzada recibiron onte aos primeiros comensais na xornada inaugural da Festa dá Vieira co estrpitoso fallo que acabamos de reseñar. Todos os “chupópteros” municipais e autonómicas (como o alcalde, Luís Aragunde; o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán; e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís)  estaban presentes arropando a imputado Patrón Maior Benito Pelea,  eles foron os encargados de dar o pistoletazo de saída a unha exaltación que cumpre a súa duodécima edición coa intención  de conseguir consolidarse entre os principais eventos gastronómicos da comarca e da provincia pero con actitudes coma a denuncia dificil que o consigan. 
Á evolución ascendente da celebración referiuse o alcalde, que recordou que a Festa dá Vieira impulsouse fai 12 anos para “salvar a un sector”. ¿Salvar o sector? ou forrarse de pelas os amigos de Aragunde con empresas coma a de “Porto de Cambados” onde fan cartos a montes os amigos de Luis entre eles Benito, a conta dos esforzo dos mariñeiros cambadeses. 
Música de banda e de gaitas animou a apertura do recinto festivo, no que onte se deron cita escasos  turistas e veciños que se levaron á boca á “raíña de Ría”, saidas directamente de Portos de Cambados a un prezo carísimo coa crise que padecemos, nada mais e nada menos a  4 euros cada unidade, cando a eles non lle sae a mais dun euro cada vieira, o negocio é redondo. Vieiras á galega ou ao albariño, arroz de vieira, navajas e zamburiñas á plancha, empanada e pimientos son os produtos entre os que se pode elixir ata o domingo, e por suposto Albariño en vaso de plástico.
Fotos: Google Imaxes.

Ningún comentario: