RAFAEL LOUZAN, PRESIDENTE DE DAPUTACIÓN, NÉGASE A RECIBIR AOS AFECTADOS.
OS AFECTADOS ANUNCIAN ACCIÓNS LEGAIS CONTRA EMPRESAS PRIVADAS CON DATOS PERSONAIS E MOVILIZACIÓNS. TAMÉN CARGAN AS TINTAS CONTRA BENITO PELEA.
![]() |
Prometen e nunca cumplen nada. |
Logo de transcurrir un tempo prudencial atopándonos á espera dunha serie de xuntanzas sobre o asunto da REGULARIZACIÓN DA FLOTA PESQUEIRA ARTESANAL, e vendo como os compromisos asumidos polos representantes de distintas Administracións e/ou Entidades do Sector, manifestamos o seguinte:
1º.- A Plataforma de afectados vai a organizar outra reunión cos afectados e profesionais que se solidarizaron QUE TERÁ LUGAR EN VILANOVA EN DATAS PRÓXIMAS. Temos aínda o día e data sen pechar xa que estamos varallando distintas opción en canto ao Local donde se realizará a xuntanza.
2º.- Manifestamos o descontento pola falla de palabra dos Presidentes das Federacións Provincial de Confrarías de Pontevedra e Galega. Si ven é certo que os mesmos nos acompañaron á reunión coa Conselleira do Mar, tamén é certo que o Presidente da Fed. Provincial comprometeuse a que a Plataforma se reunise coa Xunta Xeral da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra o pasado 22 de xuño, non sendo convidados ese día á xuntanza que se ia a ter en Arcade. Posteriormente a esa xuntanza, remitíronse SOLICITUDE DE REUNIÓN ÁS DÚAS FEDERACIÓNS INDICADAS PARA MANTER REUNIÓNS COAS XUNTAS XERAL OU COMITÉS EXECUTIVOS. Temos constancia polos “acuse de recibos dos mails” que os distintos mails foron recibidos e leídos, PERO NINGUNHA CONTESTOU NIN SI, NIN NON, NIN NADA DE NADA.
Non estamos percibindo unha implicación real das Federacións e Confrarías nos problemas do sector, e cando falamos de problemas é porque calquer tipo de problema que afecte a UN OU VARIOS asociados/as dunha Confraría, e polo tanto, ASOCIADOS ÁS FEDERACIÓNS DE CONFRARÍAS, é un problema que deben procurar solucional as Confrarías e as propias Federacións.
Non é de recibo que Patróns Maiores obvien éste problema que afecta aos seus asociados/as e moito menos, que as propias Federacións de Confrarías DEN A ESPALDA AOS PROBLEMAS DOS SOCIOS. Certo é que as Federacións están compostas polas Confrarías, pero iso non significa que non atendas as demandas dos asociados. Si as Federacións únicamente aceptan como interlocutores aos Patróns Maiores e membros dos Órganos de Goberno das Confrarías, en moitos casos, únicamente poden acceder a unha versión dos problemas que están a ter os asociados das Confrarías. REIVINDICAMOS QUE AS FEDERACIÓNS NOS ATENDAN PORQUE COMO SOCIOS/AS DAS CONFRARÍAS, SOMOS PARTE DAS FEDERACIÓNS.
3º.- Tampouco temos recibido contestación á solicitude de reunión que se lle cursou á Deputación de Pontevedra, en concreto, para manter unha xuntanza có Presidente da Deputación de Pontevedra.
4º.- Tampouco temos constancia ao día de hoxe, que o Alcalde de Cambados, Luis Aragunde cumprise có compromiso acadado coa Plataforma de reformular a moción que o Grupo de Goberno do PP de Cambados aprobou en Pleno, e que foi un acordó totalmente contrario aos intereses do Sector Pesqueiro e desfavorable para a regularización definitiva da nosa flota pesqueira.
5º.- Consellería do Mar.- Na xuntanza coa Conselleira do Mar e o Secretario Xeral a Plataforma presentoulles unha serie de documentación que según manifestaron os responsables da Consellería DESCOÑECÍA. Pedíronnos uns días para examina-la documentación aportada e para realizar unha serie de xestións có Ministerio, en concreto có Secretario Xeral de Pesca. A data de hoxe SEGUIMOS SIN ESTAR CONVIDADOS A ESA REUNIÓN QUE ESTÁ PENDENTE. A Consellería ampliou o prazo de contestación dos requerimentos dous meses, dos cales, UN MES XA VAI ALÁ, quedando únicamente outro mes para rematar esa ampliación. Quedamos totalmente extrañados dos distintos baremos que a Administración aplica según o asunto a tratar. A Plataforma sempre manifestou que a Lei de Regularización se podía paralizar perfectamente SEMPRE E CANDO HOUBESE VONTADE POLÍTICA. A Administración dí que non!! Hoxe vemos na prensa que un Ministro anuncia que DEU AS INSTRUCCIÓNS OPORTUNAS AOS ABOGADO DO ESTADO PARA QUE INICIEN ACCIÓNS LEGAIS E XURÍDICAS PARA QUE OS TRIBUNAIS PARALICEN A RESOLUCIÓN DE ALMUNIA.
Ese mesmo tratamento é o que NOS SOLICITAMOS PARA O NOSO PROBLEMA, QUE É O QUE NOS AFECTA A NÓS. Sabemos que se hai vontade política a actual Lei de Regularización da Flota PÓDESE CAMBIAR, POLO QUE QUEREMOS QUE ASÍ SE FAGA.. QUE SE AMPLIEN PRAZOS CON CARÁCTER RETROACTIVO E INDEFINIDAMENTE, QUE SE PARALICEN OS EFECTOS DAS ACTUAIS LEIS DE REGULARIZACIÓN E SE ELABORE UNHA LEI NOVA, ACTUAL QUE CONLEVE A REGULARIZACIÓN DEFINITIVA DA FLOTA PESQUEIRA ARTESANAL.
Posteriormente a esa xuntanza, e deixando un prazo razonable de espera en atención ao acordado na xuntanza coa Conselleira do Mar, remitimos en distintos días varios mails RECORDANDO O COMPROMISO DE MANTER UNHA NOVA XUNTANZA… Igualmente temos constancia de que foron recibidos e leídos polos “acuses de recibo” dos mails.. A data de hoxe, NON FOMOS CONVOCADOS PARA ESA REUNIÓN PENDENTE.
6º.- Para a vindeira semán están programadas as reunión cos Grupos Políticos Comarcais da Ría de Pontevedra. Xa vos mantemos informados das datas.
7º.- PARA A VINDEIRA SEMÁN VAISE A REUNIR A PLATAFORMA PARA ACORDAR UN CALENDARIO E O INICIO DE ACCIÓNS DE PROTESTA EN DISTINTOS ÁMBITOS, ASÍ COMO PROGRAMAR UNHA SERIE DE MOBILIZACIÓNS. PARA ELO VAMOS A EMPEZAR A SOLICITAR REUNIÓNS COAS DISTINTAS AGRUPACIÓNS DE MARISQUEO E ARTES MENORES, ASOCIACIÓNS VARIAS, ETC.. PARA SOLICITARLLE A PARTICIPACIÓN EN NAS POSIBLES ACCIÓNS DE PROTESTA QUE SE POIDAN ACORDAR, que serán igual ou incluso de maior intensidade cas que realizaron os compañeiros do sector do polvo, nas súas protestas éstas semáns atrás.
8º.- OS PATRÓNS MAIORES E VICEPATRÓNS DAS CONFRARÍAS, VAN A SER CITADOS A UNHA REUNIÓN PARA SOLICITARLLES O SEU APOIO INSTITUCIONAL COMO REPRESENTANTES DAS NOSAS CONFRARÍAS, ASÍ COMO O APOIO A TÍTULO INDIVIDUAL DE TODOS E CADA UN DELES.
9º.- Manifestar que distintos membros da Plataforma están recibindo chamadas telefónicas de persoas vinculadas a empresas de ventas de CV e Gt, de quen éstas empresas dispoñen de datos personais (nomes, apelidos, números de teléfonos personais, datos das súas embarcación, problemas exactos que teñen sobre a regularización, e incluso datas exactas de medidas, prazos en que presentaron as súas declaración de regularizacións, etc..).
A éstas chamadas de persoas vinculadas, tamén se suman chamadas de persoas vinculadas a alguna Confraría de Pescadores.
En ámbolosdous casos, AS PERSOAS DA PLATAFORMA CON QUENES SE PUXERON EN CONTÁCTO FOMOS “INVITADAS DE XEITO MOI SUTIL E AMIGABLE” A DEIXAR DE “FACER RUÍDO PORQUE NON IBAMOS A CONSEGUIR NADA”, PORQUE “NON IMOS A CONSEGUIR NADA”
No caso dos datos dos membros da Plataforma que se facilitaron por parte dalgunha Confraría de Pescadores a alguna empresa privada adicada á venda de CV e GT`s, VAMOS A INICIAR OS PROCESOS LEGAIS CORRESPONDENTE PARA ESIXIR RESPONSABILIDADES ÁS CONFRARÍAS QUE LLE FACILITASEN DATOS DE CARÁCTER PERSOAL E PROFESIONAL DALGÚN ASOCIADO INCLUÍDO NA PLATAFORMA. Manifesta que os datos facilitados, foron dados SIN O CONSENTIMENTO DOS SOCIOS E MEMBROS DA PLATAFORMA POR PARTE DALGUNHAS CONFRARÍAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario