20 de xul. de 2013

O TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA SINALA UN INCREMENTO DA DELINCUENCIA EN CAMBADOS DUN 19%

DESMINTE ASI OS DATOS EXPOSTOS POLO ALCALDE LUIS ARAGUNDE E O SUBDELEGADO DO GOBERNO EN MARZO PASADO.
A memoria do Tribunal Superior de Xuztiza de Galicia do ano 2012, recenetemente publicada, sinala un incremento en asuntos penais en Cambados dun 19%  con respecto o ano 2011, desmentindo así os datos aportados en marzo deste ano pola Xunta Local de Seguridade de Cambados presidida polo Alcalde Luis Aragunde e polo Subdelegado do Goberno Antonio Coello quenes manifestaban que  concluían  cuns datos positivos, cun descenso da delincuencia dun 14,5%, feito que obviamente non é verdade. 
Cal é o interés de Luis Aragunde e de Antonio Coello para mentir deste xeito e aportar uns datos que non son verídicos, eles sabrán. Tanto o Alcalde como o Subdelegado do Goberno non fan constar nesa estadística delicuencual, as denuncias que son presentadas en situ polos prexudicados en sede xudicial, que son un número bastante importante ao longo dun ano, así como denuncias que presentan os turistas nos seus lugares de residencia unha vez rematan as vacacións e que logo son remitidas os xulgados de Cambados. 
 O mesmo pasa na violencia de xénero son moitas as denuncias que se presentan directamente no xulgado e que non contabilizadas por ningún corpo de seguridade.
Os datos da Tribunal Superior son  cientificos e aportados polos catro xulgados de Cambados o Alto Tribunal, sinala ademais que os xulgados cambadeses  son dos que teñen maior carga de traballo a nivel provincial, só sendo superados estes xulgados polos de Vigo e Pontevedra, e sendo superior neste aspecto os xulgados de Vilagarcia de Arousa.  
A CRISE É UN DOS FACTORES QUE EXPLICAN O INCREMENTO DA DELINCUENCIA.
Está claro,  e así o argumento o T.S.X.G na súa memoria di  que o  incremento debese sobremaneira a crise, pois o aumento e directamente proporcial cando a crise se agudiza  a dilincuencia sube.
A memoria do Alto Tribunal galego insiste xa a nivel partidos xudiciais,  unha vez máis é que é necesario habilitar un cuarto xulgado en Vilagarcía para desconxestionar o traballo e poder resolver os asuntos con maior axilidade. Neste sentido, e aínda que hai un maior número de asuntos ingresados no partido xudicial de Cambados -que ten máis concellos, e entre estes os de O Grove e Sanxenxo, cuxa poboación multiplicar no verán-, a carga de traballo é maior en Vilagarcía si faise unha media de casos por xulgados. Así, a cada un dos de Cambados corresponderíanlle uns 2.200 casos (hai catro xulgados), mentres que a media que lle toca a cada xulgado de Vilagarcía aproxímase aos 2.550 (hai tres xulgados). Isto nótase na axilidad dos procedementos e no nivel de sentenzas dictadas, que son mellores en Cambados. 
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a Xunta propuxeron en 2010 a creación dun cuarto xulgado en Vilagarcía, pero a petición chegou cando xa o Goberno central estaba aplicando a súa política de axustes económicos, e a reivindicación quedou aprazada sen día. 
Na memoria do TSXG tamén se menciona o plan da Xunta de novas infraestructuras xudiciais, que contempla a construción de edificios en Cambados e Vilagarcía. 

1 comentario:

MANUEL dixo...

Se, politicamente falando, a pena por mentir fose a INHABILITACIÓN de un político de por vida, outro galo nos cantaría.Esta "xente" é o máximo exponente da FALCATRUADA.