21 de xul. de 2013

XUNTANZA DE CETREIROS EN CAMBADOS E DEMAIS ACTOS PROGRAMADOS PARA HOXE

A SOCIEDADE GALEGA DE CETRERIA ESTÁ PRESIDIDA POLA CAMBADESA DOLORES ABELLA.
A Sociedade Galega de Cetrería , ppresidida pola cambadesa Dolores Abella, celebra hoxe en no Pazo de Torrado de Cambados a terceira edición da Xuntanza de Cetreiros. 
Ás 10:30 horas comezou  a xornada coa recepción dos asistentes e ás 11.30 horas dará comezo o curso de iniciación a telemetría. Ás 14.00 horas celebrarase a comida de confraternidad. As 20 horas terá lugar o peche e clausura da xornada. 
ACTOS PARA HOXE 21 DE XULLO: 
XII Edición das Xornadas de Exaltación da Vieira.
12.00h Concentración de barcos clásicos e cruceiros en San Tomé.
13.00h Entrega de recoñecementos ás xentes do mar de Cambados na carpa da Calzada
22.00h Concentración na Praza de Fefiñáns para interpretar a Canción do Albariño.
Virxe do Carme, Patroa dos Mariñeiros
Alborada a cargo do grupo de gaitas Os Faíscas e a Banda de Música de Ribadumia
11.00h En Fefiñáns, Misa cantada pola Coral Santa Mariña e, a continuación, traslado das imaxes á Confraría.
19.00h Saída da procesión dende a Confraría acompañando ás imaxes do Carme e San Antonio ata o peirao de Tragove. 
19.30h Misa de campaña e posterior Procesión Marítima.
22.30h Na Praza do Concello verbena popular coa actuación das orquestras Bluestar e Alkar.
No Auditorio Curso de piano organizado por Academia 5ª Sinfonía impartido por Olga Baranova e Yury Popov. Inscricións e información no teléfono 670424861 ou no
correo cursopianocambados@gmail.com
11.00-20.00h Xuntanza de Cetreiros da Sociedade Galega de Cetrería no Parque de Torrado.

Ningún comentario: