4 de xul. de 2013

OUTRA PUÑALADA TRAPERA DO PP AOS AFECTADOS POLA REGULARACIÓN DAS EMBARCACIÓNS DA 3ª LISTA.

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN RAFAEL LOUZAN, EN VOZ DA ALCALDESA SALOME PEÑA
RAFAEL LOUZÁN E O SEU GRUPO NÉGANSE A LEVAR A PLENO A MOCIÓN DOS AFECTADOS.
Informanos xente moi preto dos afectados da regularización das embarcacións da 3ª lista que mañan hai pleno no concello de Ribadumia e resulta que o grupo popular non aceptou levar a pleno a moción dos afectados que vimos de publicar precisamente onte neste blog, co obxectivo de recadar mais apoios nos concellos da comarca. Rafael Louzán, Salomé Peña e o grupo popular  non quixeron nin presentar a proposta dos afectados no pleno e o pior de todo ignorando aos efectados e  sen dar ningunha explicación os mesmos. A proposta fixolla  chegar o PSOE de Ribadumia. Todo o mundo sabe  que que Ribadumia non ten porto pesqueiro,  pero en troques hai varios armadores do concello de Ribadumia que traballan en Cambados que tamén estan afectados polo proceso de regularizacion que se está a dar. Louzán e a alcaldesa teñen a obriga  moral e lóxica de  comprometerse a apoiar a  petición dos afectados como se logrou nos concellos de O Grove, na Illa de Arousa, Vilanova de Arousa,  e en principio, parece ser que  tamén en Cambados segundo  lles  prometeu Luis Aragunde. Xa o próximo pleno de Ribadumia seria  para o mes de setembro. Os problemas dos cidadáns , os concellos e os seus gobernantes teñen que intentar buscarlle solucións e facerlle caso ás demandas da xente, e non dar a calada por resposta como acaba de facer Rafael Louzán e a alcaldesa Salomé Peña, din a este blog os afectados. 
E seguen manifestando “Parece que aqui solo se lle fai caso á xente e nos atenden cando estamos en eleccións, énchense a boca en prometer e axudar aos cidadáns e á hora da verdade, palla barata todo. Unha vergoña”.
Esperemos que Rafael Louzán Salome Peña non teña que facer como Luis Aragunde e baixar os pantalóns no pleno do mes de Setembro. Obviamente citamos a Rafael Louzan porque como todos sabedes é concelleiro neste Concello, que é realmente o que corta e pincha no Concello de Ribadumia, Salome non deixa de ser unha muller de palla, polo que o feo os afectados non é só de Salome senón principalmente,   de Rafael Louzan,

Ningún comentario: